Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 6 de marzo de 1997, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995, relativo á celebración do cuarto exercicio da fase de oposición.

O apartado 7 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que unha vez comezadas as probas,

o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada o seu comezo.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría ATS/DUE sobre a data e lugar de celebración do cuarto exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade a este no Diario Oficial de Galicia ademais dos lugares previstos na convocatoria,

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o terceiro exercicio da fase de oposición para o ingreso na categoría de ATS/DUE de pesoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do cuarto exercicio da dita fase, ás 17 horas do día 4 de abril de 1997, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente de documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Terceiro.-Contra este acordo poderá presentarse reclamación perante o tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Jaime Torres Rey

Presidente do tribunal

1907