Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 1997 Páx. 2.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 12 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dun proxecto de recuperación e clausura do solo contaminado do vertedoiro de Mougá en Ferrol.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 54, do 19 de marzo de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 2.514, columna esquerda, liña 43, onde di: «Orzamento base de licitación : nove millóns seiscentas mil pesetas (9.600.000 pesetas)», debe dicir: «Orzamento base de licitación: nove millóns cincocentas mil pesetas (9.500.000 pesetas)».

Na páxina 2.514, columna dereita, liña 11, onde di: «Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente, ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP», debe dicir: «Data límite de presentación de ofertas: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia».

1934