Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 1997 Páx. 2.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 3 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de consultoría e asistencia consistente nunha investigación de detalle nun lugar contaminado por lindano.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 54, do 19 de marzo de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 2.513, columna dereita, liña 17, onde dí: «Provisional: 2% do orzamento do contrato (190.000 pesetas)», debe dicir: «Provisional: 2% do orzamento do contrato (160.000 pesetas).»

Na páxina 2.513, columna dereita, liña 31, onde dí: «Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente, ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP», debe dicir: «Data límite de presentación de ofertas: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia».

2209