Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

BASES que rexerán a convocatoria para provisión mediante oposición libre, dunha praza de oficial fontaneiro da escala de Administración especial incluída no cadro orzamentario e oferta de emprego público do exercicio de 1996.

Primeira.-Obexcto.

A provisión mediante oposición libre dunha praza de oficial fontaneiro, integrada no grupo D, encadrada dentro da clase de persoal de oficios de subescala de servicios especiais da escala de Administración especial, incluída na oferta de emprego público de 1996.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para ser admitido na realización das probas selectivas convocadas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder daquela en que falten menos de dez anos para

a xubilación forzosa determinada pola lexislaicón básica en materia de función pública.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas nin atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública ou emprego do mesmo carácter.

f) Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Ingresar na Tesourería do Concello a cantidade fixada polo concepto de dereitos de exame, que será de cinco mil pesetas.

Terceira.-Publicidade das bases e convocatoria.

As bases específicas das probas selectivas así como as correspondentes convocatorias, publicaranse no BOP, Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo efectuarse anuncio das convocatorias no Boletín Oficial del Estado computándose o prazo para a presentación de solicitudes a partir da publicación neste último.

Cuarta.-Solicitudes.

A solicitude para tomar parte nestas probas selectivas dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Bueu xuntando unha fotocopia do DNI e axustándose ás seguintes normas:

a) O prazo de presentación será de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación no BOE.

b) A presentación das solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do Concello de Bueu ou nas formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 17 de novembro de 1992.

c) Os dereitos de exame serán de cinco mil pesetas e ingresaranse directamente na Tesourería do Concello ou a través de xiro postal. Neste último caso os interesados deberán facer constar na solicitude a data do xiro mailo seu número de resgardo.

d) Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeran constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado dentro do prazo establecido na base terceira a) para presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza salvo causa excepcional sobrevida xustificada e libremente apreciada polo tribunal.

O funcionamento do tribunal axustarase ó previsto na Lei de procedemento administrativo para os órganos colexiados, quedando esta facultada para resolve-las dúbidas que se presenten no proceso de valoración.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no BOP, e exporase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, no prazo dun mes, resolución

pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos. Na devandita resolución indicarase o lugar e data de realización do primeiro exercicio, designación do tribunal, así como a relación de aspirantes excluídos, con expresión das causas e prazo de corrección de defectos. Para corrixi-lo defecto que motivara a súa exclusión das relacións de admitidos e excluídos, os aspirantes disporán dun prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da citada resolución.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a ser incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluidos da realizaciónd as probas.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará constituído por:

-Presidente: o da corporación ou membro en quen delegue.

-Vocais:

A concelleira delegada de persoal ou concelleiro en quen delegue.

Un representante da Xunta de Galicia.

O arquitecto técnico municipal.

-Secretario: o da corporación.

Así mesmo será convocado un representante-delegado de persoal do concello con voz, pero sen voto.

Por cada membro do tribunal nomearase un suplente; o tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

O nomeamento dos membros do tribunal farase por resolución da alcaldía; os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran algunhas das causas previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, ou no suposto previsto no artigo 13.2º do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e poderán ser recusados polos aspirantes en tales supostos.

Poderanse nomear asesores do tribunal con voz e sen voto, se se consideran necesarios para a adecuada asesoría dalgunha proba.

Sexta.-Procedemento de selección e probas que se realizarán.

O posto de traballo convocado proverase mediante o procedemento de oposición libre e constará das seguintes probas:

-Primeiro exercicio: escrito e eliminatorio.

Consistirá en contestar no período máximo dunha hora a un cuestionario de cincuenta preguntas tipo test preparado polo tribunal inmediatamente antes da práctica deste exercicio relacionado coas tarefas propias do posto de traballo e programa anexo. Cada resposta correcta valorarase con 0,2 puntos e necesitarase para aprobar un mínimo de trinta respostas acertadas.

-Segundo exercicio: escrito e eliminatorio.

Consta de dúas fases:

a) Primeira fase: consistirá en responder nun tempo máximo dunha hora e media a tres temas de carácter xeral dos previstos no programa anexo sacados á sorte inmediatamente antes de comeza-lo exercicio. Valoraranse os coñecementos dos temas mailo nivel de formación xeral.

Esta fase cualificarase calculando a media aritmética da puntuación obtida en cada tema, que se valorarán de 1 a 10 puntos.

b) Segunda fase: consistirá na resolución de cinco problemas no tempo máximo dunha hora relacionados co posto que se desempeñará. Cualificarase esta fase de 1 a 10 puntos.

A cualificación xeral deste exercicio segundo será a media aritmética da puntuación obtida nas dúas fases sendo preciso acadar un mínimo de 5 puntos para a superación do exercicio.

Terceiro exercicio: de carácter práctico e eliminatorio.

Consistirá no desenvolvemento, de polo menos, dous supostos prácticos de forma manual, tendo en conta as características do posto de traballo durante un período dunha hora de duración. O exercicio valorarase de 1 a 10 puntos sendo necesario obter 5 puntos para a súa superación.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Os aspirantes que superasen os tres exercicios eliminatorios someteranse a unha cuarta proba consistente na traducción directa para o idioma galego sen axuda do diccionario dun texto en castelán elixido polo tribunal e por un período máximo de trinta minutos. Cualificarase de 1 a 3 puntos.

A puntuación obtida polos aspirantes en cada un dos exercicios será a media aritmética das puntuacións outorgadas polos membros do tribunal.

A orde de cualificación final e definitiva da oposición será determinada pola suma das puntuacións obtidas por cada aspirante.

En caso de empate a orde de puntuación establecerase tendo en conta a maior cualificación obtida no último exercicio obrigatorio e eliminatorio.

Sétima.-Lista de aprobados.

a) Rematado cada un dos exercicios obrigatorios da fase de oposición o tribunal fará pública no taboleiro de edictos do concello a relación de aspirantes que superaran cada un deles con indicación da puntuación obtida. Os opositores que non estean incluídos en tales relacións terán a consideración de non aptos.

b) Rematadas as probas selectivas, o tribunal elevará ó alcalde-presidente a relación definitiva de aspirantes aprobados na que constarán as cualificacións de cada un dos exercicios maila suma total.

c) O tribunal non poderá aporbar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó da praza convocada. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

Oitava.-Presentación de documentos.

1. No prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que se faga pública a relación definitiva, o aspirante aprobado deberá presentar na secretaría xeral deste concello o seguinte documento:

a) Copia autenticada ou fotocopia da titulación esixida para o ingreso, que deberá presentarse acompañada do orixinal para compulsa.

2. Ante a imposibilidade debidamente xustificada de presenta-los documentos expresados anteriormente poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

3. Se dentro do prazo fixado e agás casos de forza maior non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún requisito esixido, non poderá ser nomeado funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades a que haxa lugar por falsidade na solicitude inicial.

Novena.-Nomeamento.

Concluído o proceso selectivo, o aspirante aprobado será nomeado funcionario de carreira do Concello de Bueu. A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes contado desde a data da notificación do seu nomeamento e se non o fixera no prazo indicado, sen causa xustificada, quedará na situación de cesante.

Décima.-Normativa aplicable.

As bases específicas da convocatoria aprobadas polo Pleno da Corporación e cantos actos administrativos se deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presente e toma-los acordos necesarios para a boa orde da selección.

-Programa anexo.

Tema 1. Organización municipal.Órganos básicos: alcalde, tenente de alcalde, Pleno. Comisións de goberno.

Tema 2. Organización administrativa do concello. Secretaría, intervención, tesourería, servicios especiais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Incompatibilidades.

Tema 4. O servicio municipal de augas. A súa organización e cometidos.

Tema 5. Regulamento municipal de subministración de auga. Ordenanza reguladora do prezo público por subministración de auga.

Tema 6. A rede de conducción de auga. Puntos de percorrido, vixilancia e observación.

Tema 7. A rede de distribución e abastecemento desde os depósitos: zonas que poden abastecerse de cada depósito regulador.

Tema 8. Conservación da rede de distribución, cortes, restricciones e avarías.

Tema 9. As conexións á rede de distribución. Condicións técnicas da instalación. Os contadores. Batería de contadores. Situación e características.

Tema 10. Redes de saneamento: sistemas e procedementos de evacuación. Materiais e elementos característicos utilizados no saneamento.

Tema 11. Redes de tubos e os seus tipos: pezas especiais de instalación. Dridas, válvulas, juntas, cóbados, ventosas..., etc. Ferramentas adecuadas para traballos de fontanería e a súa utilización.

Tema 12. Valvulería utilizada en fontanería e tipos de válvulas: vantaxes e inconvenientes, criterios de instalación. Bombas: tipos e características.

Tema 13. Conceptos básicos de hidráulica: presión, caudal, velocidade, golpe de ariete. Requisitos para as conexións a vivendas e locais comerciais.

Tema 14. A auga. Onde se atopa. A súa importancia.

Tema 15. Sistemas de producción de auga quente.

Tema 16. Depósitos de almacenamento de auga para o abastecemento público: tipo de depósito, cálculo da capacidade. Mantemento.

Tema 17. Fluxores: características. Inconveniente. Caudais mínimos nos apartados domésticos.

Tema 18. Tipos de soldadura en fontanería. Procedementos de depuración de auga para o abastecemento.

Tema 19. Canalización de augas residuais e pluviais. Depuración das augas residuais. Tipos de depuradoras.

Tema 20. Normas básicas de Industria sobre instalación de vivendas.

Bueu, 10 de febreiro de 1997.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

1703