Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

INFORMACIÓN pública.

A Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, en sesión do 28 de abril de 1995, en relación co expediente de normas subsidiarias de planeamento do Concello de Becerreá -revisión e adaptación á Lasga-, adoptou o acordo que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Aprobar definitivamente o expediente de normas subsidiarias de planeamento de Becerreá -revisión e adaptación á Lasga-, condicionada ás seguintes precisións:

1. Deberá aclararse, nas zonas grafadas en branco no solo non urbanizable que tipo de ordenanza lles é de aplicación, por non existir na lenda das ordenanzas diferentes con esta cor, que son:

-SNU protección agrícola.

-SNU protección infraestructuras.

2. A ordenación do solo apto para urbanizar residencial debe ter carácter indicativo e non vinculante para o Plan Parcial de Desenvolvemento.

3. É necesario aclara-lo alcance do termo protección agrícola que, á luz do artigo 41.2º, podería impedi-la construcción de vivendas non vinculadas.

4. Tamén, á vista do artigo 184 das ordenanzas, sería preciso aclarar, por unha parte, o procedemento de outorgamento de autorizacións das vivendas vinculadas a explotacións agrícolas previsto no punto 1º, por canto o considerado nel iría en contra do procedemento establecido no artigo 42 da Lasga en relación co 16.3º do TRLS e, por outra, en que consiste a excepcionalidade prevista no punto 2º do citado artigo 184, que permite a autorización de vivendas unifamiliares non vinculadas considerado polo artigo 42.1º da Lasga».

O Pleno deste Concello, en sesións do 20 de xullo de 1995 e 25 de setembro de 1996, co fin de darlles cumprimento ás condicións establecidas pola Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, antes referido, acordou darlles nova redacción ós artigos 165, 166, 171, 172, 184 así como á disposición derrogatoria das ordenanzas.

A Dirección Xeral de Calidade de Medio Ambiental e Urbanismo, con data 20 de decembro de 1996, considerou cumpridas, por este concello, as condicións contidas no acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, con data 28 de abril de 1995.

Procede, xa que logo, en cumprimento do disposto no artigo 8.d da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, en relación co artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, proceder á publicación do acordo de aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Becerreá (revisión e adaptación á Lasga), ó comezo deste edicto, transcrito na súa parte dispositiva.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderán os interesados interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 4 do Decreto 10/1983, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, polo que se modifica a composición das comisións provinciais de urbanismo, en concordancia co Real decreto 2424/1982, do 24 de xullo e o Decreto 130/1992, do 4 de novembro, sobre asunción de transferencias pola Xunta e a súa asignación á Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, e co Decreto 288/1993, do 10 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, no que a consellería se denomina como de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Becerreá, 27 de xaneiro de 1997.

O alcalde

Rubricado

1765