Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de conexión da Zapateira á rede xeral de saneamento.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: unidades de obras e concesións. b) Número de expediente: 097/3.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de conexión da Zapateira á rede xeral de saneamento.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 33.786.895 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 675.738 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 71.

e) Fax: (981) 18 42 71

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se debe presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de conexión da Zapateira á rede xeral de saneamento».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de febreiro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

2148