Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a redacción do proxecto e execución das obras de remodelación do edificio de oficinas e construcción de pequeno local anexo, na sede da policía local da rúa Miguel Servet.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: unidade de obras e concesións.

b) Número de expediente: 097/2.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de remodelación do edificio de oficinas e construcción de pequeno local anexo, na sede da policía local da rúa Miguel Servet.

Prazo de execución:

-Redacción do proxecto: 1 mes.

-Execución das obras: 6 meses.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 45.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 900.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001-A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 4, categoría a.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar, sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se debe presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: sí.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación da redacción do proxecto e execución das obras de remodelación do edificio de oficinas e construcción de pequeno local anexo, na sede da policía local da rúa Miguel Servet».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

2151