Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, a contratación das asistencias técnicas: restauración de pinturas murais da igrexa de Seoane-Xinzo de Limia (Ourense); 2ª fase da restauración de pinturas murais de Santa María de Baamorto-Monforte de Lemos (Lugo) e restauración do retablo maior da capela da Virxe da Clamadoira en Muíños (Ourense).

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das asistencias técnicas:

-Restauración de pinturas murais da Igrexa de Seoane-Xinzo de Limia (Ourense).

Orzamento de licitación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Plazo de execución: cinco (5) meses.

-Segunda fase da restauración de pinturas murais de Santa María de Baamorto-Monforte de Lemos (Lugo).

Orzamento de licitación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

-Restauración do retablo maior da capela da Virxe da Clamadoira en Muíños (Ourense).

Orzamento de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Nestas asistencias non se esixe fianza provisional.

Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de claúsulas administrativas particulares.

Os licitadores que concurran a máis dunha asistencia, deberán presenta-la documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de pro

posicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincide en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

2153