Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se corrixen erros producidos no prego de prescricións técnicas do concurso público da asistencia técnica consistente na contratación de dous helicópteros con destino á vixilancia, detección e dirección de incendios forestais no ano 1997, anunciado por Resolución do 14 de febreiro de 1997 (DOG número 36, do 21).

Por Resolución do 14 de febreiro de 1997 anunciouse a licitación polo sistema de concurso da asistencia técnica de referencia

Advertido un erro na redacción do apartado 1.5 do prego de prescripcións técnicas, titulado «Especificacións dos helicópteros», procede a súa corrección do seguinte xeito. Onde di:

«1.5.1Os dous helicópteros que se desexan contratar serán:

* Monoturbina ou biturbinas, con capacidade suficientes para transportar, ademais da tripulación cinco (5) persoas como mínimo ...»

Debe dicir:

«1.5.1Os dous helicópteros que se desexan contratar serán:

* Monoturbina ou biturbinas, con capacidade suficientes para transportar, ademáis da tripulación catro (4) persoas como máximo ...»

Dada a repercusión que o dito erro ten para efectos de calcula-la oferta económica cómpre amplia-lo prazo de presentación de ofertas ata as 14 horas do día 14 de abril de 1997, co fin de que as empresas poidan levar a cabo unha nova valoración delas.

O acto público de apertura de proposicións levarase a cabo o día 18 de abril de 1997, ás 13 horas, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

(Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

2130