Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T. Andreade.
Situación: Paradela.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 2.626 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Andreade, concello de Paradela.
Orzamento: 6.227.792 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de xaneiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1869