Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/18-2-4688 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: R.B.T. Casteda-Limiñón.

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al e R.Z.-0,6/1 kV-3x25 Al cunha lonxitude de 1.136 metros, para mellora do servicio eléctrico en Casteda e Limiñón, concello de Chantada.

Orzamento: 2.058.176 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 24 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1868