Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00544-O-96 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos, que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Obras Públicas e Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 27 de febreiro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00544-O-96

CC-4488-I

G.C. Tráfico

Martimar Portes, S.L.

Mariano Miguel López, 10-3º C

47013 Valladolid

Circular efectuando un transporte público de pedra, de Touro a Guitiriz, fóra do radio de acción, autorizado na tarxeta de transportes MDP-comarcal de Valladolid. Semi-remolque M-11993-R.

9-3-1996; 13; N-634; 679

140 A) LOTT

197 A) ROT

201 LOTT

143 ROT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

XC-00795-O-96

C-1535-AG

G.C. Tráfico

TSN, S.L.

San Vicente, 10

15010 A Coruña

Circular realizando un servicio público de transporte de mercadorías (iogures), desde o polígono de Sabón (Arteixo) ó de Pocomaco (A Coruña), carecendo de tarxeta visado de transporte. Ostenta distintivos de fondo vermello radio de acción nacional. Semi-remolque LU-00376-R.

23-4-1996; 11.30; AC-410; 3

140 A) LOTT

197 A) ROT

201 LOTT

143 ROT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

XC-01102-O-96

C-2652-AN

G.C. Tráfico

Rodríguez García, José Manuel

Pablo Murillo, 4-4º I

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando carga útil (unha escavadora), de Cerdido a Guitiriz. Realizando o transporte fóra do radio de acción autorizado. Posúe tarxeta de ámbito local-Vigo, estando a 190 km da dita localidade. Ostenta distintivos de ámbito nacional MDP. Semi-remolque PO-01471-R.

9-6-1996; 13.55; C-642; 11,500

140 A), D) LOTT

197 A), D) ROT

201 LOTT

143 ROT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

XC-00498-O-96

PM-5374-M

G.C. Tráfico

Vilan Fernández, Carlos

Fuente Zeta, 12

36300 Baiona (Pontevedra)

Circular realizando transporte escolar do Colexio Divino Salvador de Coruxo (Vigo), transportando a un viaxeiro, carecendo de tarxeta de transportes de servicio público.

27-2-1996; 18.45; PO-340; 26

140 A) LOTT

197 A) ROT

201 LOTT

143 ROT

250.000 ptas.

P.V. 3 meses

97-1831