Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de febreiro de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00082-O-97 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se indican.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense o 26 de febreiro de 1997.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

OU-00082-O-97

CS-0214-U

G.C. Tráfico

3201/34947507

Sebastián Forner, S.L.

Almela y Vives, 30

12500 Vinaros (Castellón)

Realizar un período de conducción de 6 horas, cunha interrupción intercalada de 27 minutos. Conducción de 14.45 a 21.15 horas día 23; interrupción de 19.20 a 19.47 horas.

24-6-1996; 10.30; N-525; 229

Art. 142 N) LOTT

199 O) ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

40.000

OR-00093-O-97

M-2640-R-13

G.C. Tráfico

3201/34946674

Manualidades Pandora, S.L.

Urb. El Cantón III, 12

28000 Las Rozas de Madrid

(Madrid)

Realizar un transporte de escaiola (800 kg), carecendo de tarxeta de transportes.

25-6-1996; 12.55; N-120; 577,8

Art. 141 B) LOTT

198 B) ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

50.000

1756