Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

BASES para a provisión dunha praza de administrativo de Administración xeral do grupo C persoal funcionario vacante correspondente á oferta de emprego público do ano 1996 polo sistema de promoción interna.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

A provisión en propiedade dunha praza de administrativo de Administración xeral polo sistema de promoción interna contida na oferta de emprego público de 1996 enmarcada no grupo C escala de Administración xeral, subescala Administración xeral, reservadas a funcionarios de carreira.

Segunda.-Sistema de selección.

Establécese como procedemento de selección o concurso-oposición entre funcionarios de carreira do concello pertencentes ó grupo D.

Tercira.-Publicidade das bases e convocatoria.

As bases específicas das probas selectivas así como as correspondentes convocatorias publicaranse no BOP, Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, debendo efectuarse anunico das convocatorias no Boletín Oficial del

Estado computándose o prazo para a presentación de solicitudes a partir da publicación no BOE.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no BOP, e exporase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, no prazo dun mes, resolución pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos. Na devandita resolución indicarase o lugar e data de realización do primeiro exercicio, designación do tribunal, así como a relación de aspirantes excluídos, con expresión das causas e prazo de emenda de defectos. Para repara-lo defecto que motivara a súa exclusión das relacións de admitidos e excluídos, os aspirantes disporá dun prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da citada resolución.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non reparen a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a ser incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

Rematado o prazo dos vinte días naturais fixado para a presentación de solicitudes, a alcaldía dictará resolución aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos con especificación, se é o caso, dos motivos de exclusión, designando o tribunal cualificador e fixando a data e lugar para a celebración das probas selectivas de cada praza.

A lista de admitidos e excluídos maila composición do tribunal cualificador así como o sinalamento da data para a celebración das probas publicaranse no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Quinta.-Sistema de selección.

En canto ó sistema de selección será o de concurso-oposición, debendo os aspirantes presentar xunto coa solicitude a documentación acreditativa dos méritos alegados, en todo caso, antes de finalización do prazo sinalado para a admisión de instancias.

No suposto dos méritos que se pretendan alegar procedan doutras administracións e non se puidesen presentar no prazo de solicitude, xuntarase copia compulsada da solicitude destes así como declaración na que se compromete a presentalos antes da data sinalada para a celebración do concurso. En todo caso, o tribunal non procederá á valoración daqueles que non estivesen xustificados con anterioridade á data da convocatoria da reunión para tal fin.

Sexta.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes para participar nas probas selectivas convocadas dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Bueu xuntando fotocopia do DNI e, se é o caso, a documentación acreditativa dos méritos alegados, axustándose ás seguintes normas:

a) O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó

da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

b) A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do Concello de Bueu ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sétima.-Condicións dos aspirantes.

a) Ser funcionario de carreira do Concello de Bueu en situación de servicio activo, pertencente á escala de Administración xeral, grupo D, debendo contar con polo menos dous anos de servicios ininterrompidos no concello na referida subescala.

b) Estar en posesión do título de bacharelato, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

Tódolos anteriores requisitos deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes.

Oitava.-Fase de concurso: baremo para puntuación de méritos.

A fase de concurso maila súa valoración é previa á fase de oposición.

-Por posuí-lo título de técnico especialista en informática: 2,5 puntos.

-Por cursos relacionados coa área de contabilidade impartidas ó abeiro de organismos públicos oficiais (mínimo trinta horas): 0,5 puntos por cada un ata un máximo de 1 punto.

-Por desempeño de funcións correspondentes á praza convocada ou doutra dun grupo superior por un tempo non inferior a seis meses no seu cómputo total: 1 punto.

-Curso de perfeccionamento de lingua galega: 0,5 puntos.

Novena.-Fase de oposición.

Consistirá nun so exercicio teórico-práctico que constará das seguintes partes:

-Unha parte de carácter escrito que consistirá en responder a un cuestionario test que versará sobre as materias do programa anexo durante un máximo de trinta minutos.

-Unha segunda parte de carácter práctico relacionado co programa de contabilidade SICAL que se realizará no prazo máximo de trinta minutos.

Esta fase terá carácter eliminatorio puntuándose globalmente de 0 a 10 puntos sendo preciso acadar un mínimo de 5 puntos para supera-la fase de oposición.

Puntuación final: será resultado de suma-la puntuación da fase de concurso coa media aritmética de puntuación da fase de oposición. Será proposto para a praza convocada o aspirante que acade a maior puntuación.

Décima.-Tribunal.

Os méritos estarán xulgados por un tribunal integrado por membros con igual ou superior titulación á das prazas convocadas e estará integrado polos seguintes membros:

Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

-O concelleiro delegado de persoal ou concelleiro en quen delegue.

-Un funcioonario da área con titulación e especialización superior á praza convocada que será designado polo alcalde.

-O interventor municipal do concello.

-Un representante da Comunidade Autónoma.

Así mesmo, poderá ser convocado un representante-delegado de persoal do concello con voz, pero sen voto.

Décimo primeira.-Lista de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

O tribunal fará pública no lugar da celebración do último exercicio a relación de aprobados por ode de puntuación e proporá o nomeamento daquel que acade maior puntuación.

O aspirante proposto presentará ante a secretaría da corporación dentro dos vinte días naturais seguintes os documentos acreditativos das condicións e requisitos esixidos na base segunda tralos cales será nomeado debendo tomar posesión do posto de traballo dentro dos trinta días hábiles contados partir da notificación do nomeamento.

Décimo segunda.-Incidencias.

A convocatoria e mailas súas bases e cantos actos administrativos se deriven deste e da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma prevista na Lei de procedemento administrativo.

O tribunal queda autorizado para resolver cantas dúbidas se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do concurso-oposición e todo o non previsto nestas bases.

PROGRAMA ANEXO

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

3. A organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. O seu significado. Especial referencia ó Estatuto de autonomía para Galicia.

4. A Coroa. O poder lexislativo.

5. O Goberno. A administración do Estado.

6. O poder xudicial na Constitución. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española.

7. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencia e recursos financeiros. A asemblea lexislativa. O presidente e o consello de goberno. A administración autonómica.

8. As fontes do dereito administrativo. A xerarquía de fontes. A Constitución. A lei. Disposicións executivas con forza de lei. O regulamento, concepto, clases e límites.

9. O acto administrativo. Concepto, clases e elementos. Eficacia e validez dos actos administrativos. A súa motivación. Notificación e publicación. Revisión en vía administrativa: anulación e revogación.

10. O procedemento administrativo: concepto e clases, a súa regulación actual. Idea xeral da iniciación, ordenación, instrucción e finalización do procedemento.

11. Principios de actuación da administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

12. Os recursos administrativos. Conceptos e principios xerais. Recursos ordinarios e de revisión. A xurisdicción contencioso-administrativa.

Administración local.

13. O réxime local español: principios constitucionais e regulación actual. A autonomía local.

14. A provincia e o municipio no réxime local español. Regulación constitucional e ordinaria.

15. A organización provincial. A deputación provincial. O presidente. O pleno e a Comisión de Goberno. Competencias da deputación provincial.

16. O concello. O Pleno.

17. O alcalde. A comisión de goberno. Competencias dos concellos.

18. Organización complementaria municipal.

19. Ordenanzas e regulamentos locais. Procedemento de aprobación e elaboración. Os bandos.

20. Réxime de sesións e acordos das corporacións locais.

21. A función pública local. Cadro de persoal e relación de postos de traballo. A oferta de emprego público.

22. Selección de funcionarios locais. Dereitos e deberes dos funcionarios.

23. Os dereitos colectivos. A Seguridade Social dos funcionarios.

24. Estatuto do veciño. Información e participación cidadá.

25. Regulamento de participación veciñal.

26. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. O réxime xurídico das licencias.

27. Os bens das entidades locais.

28. A xestión dos servicios públicos locais.

29. A contratación administrativa na esfera local.

30. A facenda local. Ordenanzas fiscais.

31. Clasificación dos ingresos locais. Réxime xurídico do gasto público local.

32. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

33. O planeamento urbanístico. Clases de plans.

34. A intervención administrativa na edificación e uso do solo. As licencias. Actos suxeitos. Procedemento e órganos competentes para a súa concesión. Especial referencias ás licencias de obra e de apertura e funcionamento de industrias e actividades.

Ciencia da administración e informática.

35. Importancia do factor humano na organización do traballo en equipo. Motivación e autoestima do persoal.

36. A información administrativa. Relacións da administración cos cidadáns.

37. A eficacia administrativa. A dirección por obxectivos.

38. O arquivo. Organización dos fondos documentais. O arquivo a disposición da Administración, cidadáns e investigación.

39. Concepto de informática, arquitectura de ordenadores. Unidade central de proceso. Definición de rexistro.

40. Estructuras de almacenamento de datos. Tipos de ficheiros. Métodos de acceso. As bases de datos.

Bueu, 10 de febreiro de 1997.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde-presidente

2070