Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento sanitario para puntos de atención continuada (SCC.-13/1997).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: equipamento sanitario para puntos de atención continuada (SCC.-13/1997).

Orzamento: 14.511.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 1: autoclaves: 2.891.000 ptas.

Lote nº 2: electrocardiógrafos de 3 canles: 3.920.000 ptas.

Lote nº 3: desfibriladores portátiles: 7.700.000 ptas.

Fianza provisional:

Lote nº 1: 57.820 ptas.

Lote nº 2: 78.400 ptas.

Lote nº 3: 154.000 ptas.

Licitando a tódolos lotes: 290.220 ptas.

Fianza definitiva:

Lote nº 1: 115.640 ptas.

Lote nº 2: 156.800 ptas.

Lote nº 3: 308.000 ptas.

Licitando a tódolos lotes: 580.440 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Deseño, calidade, condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 3 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución

no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas «C» do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

1763