Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.575

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997 pola que se convoca a oitava edición do curso superior de relacións laborais.

O Consello Galego de Relacións Laborais, creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, para responder á necesidade de establecer canles institucionais de encontro e participación entre as organizacións representativas de traballadores e empregadores, ten, entre outras competencias atribuídas pola propia Lei de creación e as súas normas de funcionamento interno, a de promover iniciativas que recollan estudios, debates e a difusión de cuestións relacionadas co dereito laboral e a cultura do traballo.

Conscientes da demanda, pola sociedade galega, de ensinanzas do máis alto nivel no marco das relacións laborais, así como da necesidade de promover, nun mercado cada vez máis competitivo, a adap

tación da xestión das empresas ó novo estilo de dirección de persoal que marca a política de recursos humanos e en virtude das facultades conferidas na disposición derradeira primeira da orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, do 15 de febreiro, pola que se establece o prezo privado que deben aboar, en concepto de matrícula, os alumnos que realicen o curso superior de relacións laborais, procédese a convoca-la oitava edición do curso superior de relacións laborais que se desenvolverá segundo as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

O curso pretende ser un foro de exposición e debate sobre os profundos cambios producidos desde 1994 e que van continuar producíndose durante 1997 na ordenación das relacións laborais. Tales cambios afectan, non só ó mercado de traballo, senón tamén á negociación colectiva, á representación dos traballadores na empresa, á Seguridade Social, á seguridade e hixiene e a xestión de recursos humanos, en xeral.

Segunda.-Destinatarios.

Diríxese o curso a cantos están interesados en adquirir unha especialización, perfeccionamento e/ou actualización profesional nas materias laborais e na xestión de recursos humanos e, en especial, ós licenciados ou diplomados en dereito, ciencias económicas e empresariais, relacións laborais, ós responsables de recursos humanos ou xefes de relacións laborais da Administración e das empresas, ós asesores e cadros das organizacións sindicais e empresariais, etc.

Terceira.-Contido e horas lectivas.

O curso contará cun total de 168 horas lectivas distribuídas nos seguintes módulos formativos:

Módulo IRelación individual de traballo36 horas

Módulo IIRelacións colectivas de traballo44 horas

Módulo IIIDereito administrativo do traballo.

Saúde laboral16 horas

Módulo IVSeguridade Social12 horas

Módulo VDereito autonómico e comunitario

do traballo8 horas

Módulo VIPolítica de recursos humanos36 horas

Para as sesións inaugurais e de clausura, conferencias, mesas redondas e outros actos está previsto un total de 16 horas.

Cuarta.-Calendario.

A inauguración do curso terá lugar o 7 de maio e rematará o 12 de decembro de 1997.

Os días lectivos, normalmente 2 e, excepcionalmente, 3 por semana, figuran detallados no programa que se lles entregará ós alumnos. O curso suspenderase desde o 27 de xuño ata o 10 de setembro.

As clases impartiranse nas aulas da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e o horario normal de actividades será en sesión de tarde, desde as 16.30 ata ás 20.30 horas, agás o 15 e 16 de maio, nos que haberá tamén sesións en horario de mañá.

A dirección do curso poderá modifica-lo programa de desenvolvemento por circunstancias eventuais que afecten a súa organización. Estas variacións seranlles anunciadas ós asistentes con suficiente antelación. Cada mes natural entregarase unha relación dos temas que se vaian impartir e dos seus correspondentes relatores.

Quinta.-Inscrición e solicitudes.

a) Información. Os alumnos que desexen matricularse no curso deberán poñerse en contacto coa Secretaría Técnica do Curso, no Consello Galego de Relacións Laborais, Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 16 08. Telefax (981) 54 16 10, que lles facilitará a información necesaria, o programa do curso e os modelos oficiais de solicitude.

b) Prezo. O prezo que deberán satisfacer os alumnos en concepto de matrícula será de 215.000 ptas., segundo o establecido na orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, do 15 de febreiro (DOG do 2-3-1995) que poderá ser aboado en calquera das entidades bancarias que figuran no impreso de pagamento de prezos privados que se facilita co programa do curso.

O importe da matrícula poderá ser pagado nos prazos e contías que a continuación se dispón:

1º prazo: 115.000 ptas., antes do 8 de maio, día sinalado para a inauguración oficial do curso;

2º prazo: 100.000 ptas., antes do 26 de setembro de 1997.

c) Número de prazas. O número de prazas que se convocan pola presente resolución é de 50.

d) Forma. As solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que se facilita co programa do curso, que deberán ser remitidas ó Consello Galego de Relacións Laborais, acompañadas do xustificante de ter efectuado o pagamento total ou parcial do correspondente importe da matrícula.

e) Prazo. O prazo de admisión de solicitudes de matrícula comeza o 25 de marzo e rematará o 7 de maio de 1997 ou na data en que se cubra a totalidade das prazas ofertadas.

Sexta.-Asistencia e diploma.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades do curso. A asistencia quedará reflectida no correspondente parte, asinado polo alumno ó comezo e ó remate de cada sesión.

A asistencia regular ás ensinanzas programadas dá dereito á expedición do oportuno diploma pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consello Galego de Relacións Laborais.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 20% das sesións académicas privará do dereito á obtención do diploma, sen prexuízo de que poida emitirse a correspondente certificación das sesións ás que concorrese.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Teresa Pedrosa Silva

Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais

1982