Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Redondela.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello o Plan xeral de Ordenación Urbana de Redondela, redactado polo equipo técnico dirixido pola arquitecta Mª A. Leboreiro Amaro, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado por calquera persoa física ou xurídica no salón de sesións da casa do concello, en horario de 9 a 14 e de 17 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados, para formula-las alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

As áreas do territorio obxecto deste planeamento nas que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente e que, polo tanto, quedan afectadas pola suspensión de licencias á que se refire o artigo 120 do Regulamento de planeamento; son as comprendidas no ámbito territorial da totalidade do termo municipal, agás no ámbito do plan especial de reforma interior de Outeiro das Penas e no daquelas actuacións que no PXOU, documento VII, fichas de planeamento, se recollen como actuacións en marcha, a saber:

-Na parroquia de Chapela:

Estudio de detalle 1. Profaro.

Estudio de detalle 2. (A.D. 15-1-1996).

Estudio de detalle 3. Cardona.

-Na parroquia de Rebodera:

A SUP PP 1 Pousadouro.

-Na parroquia de Redondela:

A SU UE 12 (Granxa Ponde de Lima).

A SU UE 19 (Regojo).

A SU UE 23 (Cardosas).

-Na parroquia de Vilar de Infesta:

1207 D. Polígono de Cartas.

A suspensiónd e licencias terá a duración dun ano e, en calquera caso, a suspensión citada extínguese coa aprobación definitiva do planeamento, segundo dispón o artigo 102.3º do RDL 1/1992, do 26 de xuño.

Redondela, 12 de marzo de 1997.

Alcalde

Rubricado