Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-251).

Por acordo do Concello Pleno do 5 de setembro de 1996, acordouse aprobar inicialmente o proxecto básico e de execución de adecuación da urbanización Punxeiro, Serantes, ó plan xeral municipal de ordenación de Oleiros. Acordouse así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 26 de febreiro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

1797