Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico de Muras I no concello de Muras.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico de Muras I, no concello de Muras e solicitado pola empresa Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (Gamesa).

Segundo.-Para efectos informativos, o estudio de efectos ambientais porase a disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.

-Concello de Muras.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.

Cuarto.-Unha vez finalizado o prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1776