Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de febreiro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Amagobas número 2 e Amagobas número 3.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Amagobas nº 2.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 28, Redondela B.

Data da concesión: 27-2-1959 (BOE nº 60).

Data do remate da última prórroga: 20-3-2004.

Anterior concesionario: Jesús Portela Fernández e Concepción Diz Barral.

Novo titular da concesión: Jesús Portela e Hijos, S.L.

Denominación da batea: Amagobas nº 3.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 39, Cangas H.

Data da concesión: 25-11-1974.

Data do remate da última prórroga: 20-3-2004.

Anterior concesionario: Vicente Martínez Núñez e Mª Jesús Portela Diz.

Novo titular da concesión: Jesús Portela e Hijos, S.L.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das dis

posicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 14 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

1782