Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 1997 Páx. 2.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/26-4).

Ós efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Río Louro.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. edificio Buenos Aires ata o C.T. que se proxecta no edificio Río Louro na Travesía Castañal, concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 25 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1752