Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Casaliño.
Situación: Ames.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conducto LA-56, de 444 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Canela (expediente 50.963) e final no C.T. que se vai instalar en Casaliño.
Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte da rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 130 m de lonxitude. Ames.
Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 18 de febreiro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1726