Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/22-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. parque empresarial de Ordes.

Situación: Ordes.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 217 m de lonxitude, con orixe no apoio número 2 da liña mesón-Ordes. Liñas eléctricas subterráneas de media tensión, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 22 m de lonxitude, con orixe no apoio número 4 da liña Mesón-Ordes e final no C.T. número 1 do parque empresarial, de 2 m de lonxitude, con orixe na anterior e final no C.T. número 2 do dito parque. Dous centros de transformación en edificios prefabricados de formigón, de 400 kVA/U e con tensións de 20/0,380-0,220 kV. Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1728