Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/30 R.C.I. 1027).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Cerámica Coruñesa, S.A., con domicilio social no polígono industrial Espíritu Santo, Cambre (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación a executar na empresa ubicada na anterior dirección.

-Planta de coxeración grupo d composta polos seguitnes elementos: (potencia total de bornes dos xeradores 1025 kW (cos=0,8):

-Un motor alimentado por gas, cunha potencia máxima de 990 kW mecánicos.

-Un alternador de 1281 kVA de potencia, tensión de xeración 400 V, cunha potencia activa de 1025 kW para un cos=0,8.

-Instalacións complementarias.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas reclamacións ou oposicións, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 4 de febreiro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1717