Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a redacción do proxecto, declarado de urxencia para rehabilitación e reutilización do convento de San Roque para alberga-las institucións: Consello Escolar de Galicia, Real Academia Galega de Ciencias, Real Academia de Farmacia (sección Galicia) e Instituto Padre Sarmiento, en Santiago de Compostela (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e E.

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de rehabilitación e reutilización do convento de San Roque para alberga-las institucións: Consello Escolar de Galicia, Real Academia Galega de Ciencias, Real Academia de Farmacia (Sección Galicia) e Instituto Padre Sarmiento.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Prazo de execución ou data límite de entrega: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.279.152 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: (981) 59 33 85.

b) Domicilio: r/ Nova, 19, Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non necesita clasificación.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o segundo día hábil contado a partir o remate do prazo de presentación das proposicións;

se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 13.30 horas.

10. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

1137