Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.428

V.7. a) Muflón macho de 2 anos. 120.000 ptas./unidade.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 48/1997, do 26 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: Lugo-ramal de enlace da C-630 coa N-VI (A Tolda), reforzo do pavimento.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 24 de xuño de 1996, acordou aproba-lo proxecto de Lugo-ramal de enlace da C-630 coa N-VI (A Tolda) reforzo do pavimento e na mesma sesión, acordou solicituar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 16 de decembro de 1996 baixo o número 13203.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 3 de decembro de 1996, nº 12689.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, ó seren moitos afectados, chegar a acordo cuns si e con outros non, provocaría a paralización da execución das obras, sendo esta estrada dunha grande importancia e de moito tráfico ó servir de unión entre a N-VI e a C-630. O procedemento xeral atrasaría o remate da obra co conseguinte prexuízo para o orzamento, que se tería que aumentar.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación fozosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens

e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de Lugo. Ramal de enlace da C-630 coa N-VI (A Tolda) reforzo do pavimento.

Santiago de Compostela, vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1856