Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-261).

Por decreto desta alcaldía número 635/1997, do 7 de febreiro de 1997, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle na U.A. número 25-parcela número 2, en Mera-Maianca, tramitado por Navila, S.A. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expdiente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 26 de febreiro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta