Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LEIRO

EDICTO polo que se somete a información pública a aprobación inicial das normas subsidiarias de planeamento do concello de Leiro.

Aprobadas inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de febreiro de 1997, as normas subsidiarias de planeamento do concello de Leiro, sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, no BOP

de Ourense e nun dos diarios de maior circulación desta última, durante o cal poderán ser examinadas no concello e formula-las alegacións que se consideren pertinentes, conforme establece o artigo 114 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 102 da antedita lei, acórdase a suspensión de outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito de todo o concello, exceptuándose da dita suspensión aquelas que, cumprindo coa normativa vixente, non incumpran o que se aprobou inicialmente. O período de suspensión farase efectivo ata a aprobación definitiva das mencionadas normas, sen que poda o dito prazo superalos dous anos.

Leiro, 3 de marzo de 1997.

Francisco José Fernández Pérez

Alcalde

1653