A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.
c) Nº de expediente: 5/1997.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento de quirófanos e unidades de coidados intensivos do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
b) División por lotes e número: lote único.
c) Lugar de execución: nos centros do Complexo Hospitalario: hospital Xeral de Galicia e Hospital de Conxo.
d) Prazo de execución ou data límite de entrega: doce meses, desde o 1 de maio, ou data de sinatura do contrato se é posterior, ata o 30 de abril de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: concurso.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: ordinario.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 9.536.112 pesetas, IVE incluído.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 190.722 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: departamento de contratación administrativa no Hospital de Conxo.
b) Enderezo: Ramón Baltar s/n.
c) Localidade e código postal: 15706, Santiago de Compostela.
d) Teléfono: (981) 54 05 36.
e) Telefax: (981) 53 12 55.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: os que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas o das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos de cláusulas administrativas particulares. As proposición deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, ou por correo, no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
Entidade: rexistro xeral do Hospital de Conxo.
Enderezo: Ramón Baltar s/n.
Localidade e código postal: 15706, Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: trinta días desde a notificación da adxudicación.
e) Admisión de variantes: o que se establece no apartado 3 da folla de especificacións.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas do Hospital de Conxo.
b) Enderezo: Ramón Baltar s/n.
c) Localidade: 15706 Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que ó dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: as 10 horas.
10. Outras informacións: para outras informacións, deberán contactar co departamento de contratación administrativa do Hospital de Conxo.
11. Gastos de anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.
Ignacio Martínez González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Santiago de Compostela
1913