Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento de aparatos elevadores do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela mediante procedemento aberto e ordinario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Nº de expediente: 6/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento de aparatos elevadores do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) División por lotes e número: seis lotes

c) Lugar de execución: nos centros do complexo hospitalario: Hospital Xeral de Galicia, Hospital Gil Casares, Hospital de Conxo e Hospital Psiquiátrico de Conxo.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega: doce meses, desde o 1 de maio, ou data de sinatura do contrato se é posterior, ata o 30 de abril de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: concurso.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: ordinario.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 18.599.700 pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente oferta.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: departamento de contratación administrativa no Hospital de Conxo.

b) Enderezo: Ramón Baltar s/n.

c) Localidade e código postal: 15706, Santiago de Compostela.

d) Teléfono: (981) 54 05 36.

e) Telefax: (981) 53 12 55.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 7, categoría A.

b) Outros requisitos: os que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas o das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos de cláusulas administrativas particulares. As proposición deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, ou por correo, no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral do Hospital de Conxo.

Enderezo: Ramón Baltar s/n.

Localidade e código postal: 15706, Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: trinta días desde a notificación da adxudicación.

e) Admisión de variantes: o que se establece no apartado 3 da folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Hospital de Conxo.

b) Enderezo: Ramón Baltar s/n.

c) Localidade: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que ó dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: as 10 horas.

10. Outras informacións: para outras informacións, deberán contactar co departamento de contratación administrativa do Hospital de Conxo.

11. Gastos de anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

1637