Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, as contratacións das obras seguintes: proxecto do Museo do Mar de Galicia en Alcabre, Vigo (Pontevedra); proxecto de restauración do mosteiro de Armenteira, fase III Meis (Pontevedra); proxecto de restauración e consolidación da torre dos Moreno fase I Ribadeo (Lugo) e proxecto de restauración do Hospital de Monterrei en Ourense.

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administra

tivos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das obras seguintes:

-Proxecto do Museo do Mar de Galicia en Alcabre (Vigo-Pontevedra).

Orzamento de licitación: cento corenta millóns cento vintenove mil cincocentas vintetrés pesetas (140.129.523 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución : seis (6) meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría e.

Grupo C, subgrupo 2 y 9 categoría e.

-Proxecto de restauración do mosteiro de Armenteira, fase III (Meis-Pontevedra).

Orzamento de licitación: sesenta e sete millóns cento oitenta e oito mil setecentas cincuenta pesetas (67.188.750 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría e.

-Proxecto de restauración e consolidación da torre dos Moreno fase I Ribadeo (Lugo).

Orzamento de licitación: corenta e dous millóns oitocentas catro mil pesetas (42.804.000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Proxecto de restauración do Hospital de Monterrei en Ourense.

Orzamento de licitación: vintedous millóns catrocentas once mil seiscentas sete pesetas (22.411.607 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Nestas obras non se esixe fianza provisional.

Exposicións da documentación: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que opten a máis dunha obra deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

1938