Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación urxente da asistencia técnica 1/1997, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña, resolve convocar, con carácter de urxencia, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto, a licitación da asistencia técnica para elabora-lo acordo de concentracion parcelaria na zona de Ribadulla. Vedra (A Coruña) CO97/213.021 AC2345.

Orzamento: 14.809.435 pesetas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría a).

Fianza provisional: exenta.

Exposición de pregos e proxectos: estarán de manifesto no Servicio de Contratación (edificio administrativo Monelos-praza Luis Seoane, s/n, 3º andar, A Coruña), dás 9 ás 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará ás 12 horas do décimo terceiro (13) día seguinte ó da publicación, que non cadre en sábado.

Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial e na forma legalmente establecida (Art. 100 RXC).

Documentación que terán que presentar os licitadores: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: ás 9 horas do quinto día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado.

Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

97-2035