Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Casaio e O Barco de Valdeorras: V-1497; XG-089, por substitución da concesión V-1497; XG-089, entre Sobradelo e Lardeira, con prolongación a Casaio.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 8 de outubro de 1996, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a Aquilino García Iglesias, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Casaio e O Barco de Valdeorras: V-1497; XG-089, por substitución da concesión: V-1497; XG-089, entre Sobredelo e Lardeira, con prolongación a Casaio, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

Casaio, Lardeira, Trigal, Viladequinta, Sobradelo e O Barco de Valdeorras.

II. Prohibicións de tráfico.

As expedicións entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras realizaranse a porta pechada.

II. Expedicións.

Casaio-O Barco de Valdeorras (26,3 kM).

Dúas expedicións de ida e volta os días laborables.

IV. Tarifas. Tarifa aplicable.

Tarifa partícipe por viaxeiro/kM: 9,9238 pesetas.

Tarifa usuario: 10,6784 pesetas.

Exceso de equipaxes e encargos: 1,4885 pesetas.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

1654