Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle da modificación puntual número 12 do PXOU de Vigo, relativa á norma urbanística 3.4.2. (Expediente 4247/411).

O Pleno deste Concello, en sesión do día 20 de xaneiro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 12 do PXOU de Vigo, normas urbanísticas 3.4.2, da ordenanza de edificación aberta das U.E. do núcleo central U.E. I-03 metalúrxica, U.E. I-04 Unicón Cervecera, e U.E. IV-06 Filipinas-Couto de San Honorato, e do núcleo exterior U.E. 4 Igrexa (Cabral), U.E. 4 Canteira (Matamá), U.E. 14 Pedreira (San Miguel de Oia), conforme a documentación elaborada polos servicios técnicos municipais de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo, polo que se somete ó trámite de información pública durante o prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello, durante o que se poderán deducir cantas alegacións se consideren oportunas.

Vigo, 30 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde