Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do proxecto de urbanización PERI I-06 Hispanidade. (Expediente 3989/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo deste concello, en sesión do día 20 de xaneiro de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do PERI I-06 Hispanidade, conforme a documentación elaborada polos técnicos superiores Moreno García e López Santander, visado polo COAG, o 28 de agosto e 30 de outubro de 1996, sometelo ó trámite de información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

Vigo, 30 de xaneiro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

847