O director-xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego
de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: contratación da subministración de productos lácteos.
Orzamento: 10.600.840 ptas.
Garantía provisional: 212.017 ptas.
Lote 1: leite enteira.
Orzamento: 5.695.000 ptas.
Garantía provisional: 113.900 ptas.
Lote 2: queixo barra.
Orzamento: 390.000 ptas.
Garantía provisional: 7.880 ptas.
Lote 3: queixo fresco.
Orzamento: 1.375.000 ptas.
Garantía provisional: 27.500 ptas.
Lote 4: leite desnatado.
Orzamento: 1.755.000 ptas.
Garantía provisional: 35.100 ptas.
Lote 5: iogur natural.
Orzamento: 1.190.000 ptas.
Garantía provisional: 23.800 ptas.
Lote 6: iogur desnatado natural.
Orzamento: 195.840 ptas.
Garantía provisional: 3.917 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
II. Prazo de entrega: ás 24 horas tódolos días excepto festivos.
IIa) Calendario de entregas parciais: a entrega dos víveres farase segundo a demanda do Servicio de Hostelería de acordo cos prazos, horarios e a periodicidade definida nos pregos de especificacións técnicas.
III. Admisión de variantes: admítense variantes.
IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
1. Oferta económica: 60%.
2. Calidadade: 20%.
3. Presentación: 20%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente,
no rexistro xeral deste complexo hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 14 de febreiro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
1551