Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración de café, auga mineral, pan, legumes, pastas, especies e outros. C.P. 108/1997.

O director-xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego

de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación da subministración de café, auga mineral, pan, legumes, pastas, especies e outros.

Orzamento: 16.459.950 pesetas.

Garantía provisional: 329.199 ptas.

Lote 1: café moído superior; café soluble sobre; café soluble descafeinado.

Orzamento: 2.137.500 ptas.

Garantía provisional: 42.750 ptas.

Lote 2: auga mineral 1500 cc; auga mineral 500 cc.

Orzamento: 3.751.000 ptas.

Garantía provisional: 75.020 ptas.

Lote 3: auga mineral 1500 cc. baixa; auga mineral 500 cc. baixa E.

Orzamento: 2.377.000 ptas.

Garantía provisional: 47.540 ptas.

Lote 4: pan de barra (bolo 60 gr); pan barra integral (bolo); pan molde sen sal (envase 1); barra pan (30 gr); pan barra (70 gr); fariña.

Orzamento: 6.345.200 ptas.

Garantía provisional: 126.904 ptas.

Lote 5: allo deshidratado (kg); colorante alimentario (kg); canela moída (Kg); noz moscada moída (kg); ourego (Kg); perexil deshidratado (Kg); pemento en po doce (Kg).

Orzamento: 162.500 ptas.

Garantía provisional: 3.250 ptas.

Lote 6: crema champiñóns (kg); crema espárragos (kg); fariña fina millo; puré de patacas (kg); sémola trigo (paquete 250 gr); tapioca (paquete 150 gr).

Orzamento: 361.000 ptas.

Garantía provisional: 7.220 ptas.

Lote 7: arroz gran enteiro (kg); arroz gran enteiro vapor; garavanzos (kg:); fabas brancas (kg); fabas pintas (kg); lentellas.

Orzamento: 925.750 ptas.

Garantía provisional: 18.515 ptas.

Lote 8: espaguete (kg); fideo entrefino (kg); macarróns cortados (kg).

Orzamento: 400.000 ptas.

Garantía provisional: 8.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega:

IIa) Calendario de entregas parciais: a entrega dos víveres farase segundo a demanda do Servicio de Hostelería de acordo cos prazos, horarios e a periodicidade definida nos pregos de especificacións técnicas.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidadade: 20%.

3. Presentación: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 14 de febreiro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

1550