Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe. (Expediente IN407A 96/151-2-4552 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Lidor, Fontoira, Franqueán.

Situación: O Corgo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 1.330 metros, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA. 20.000/398-230 ±2,5%+5%. Rede de baixa tensión en conductor LA-95, para mellora do servicio eléctrico en Lidor, Fontoira, Franqueán, concello do Corgo.

Orzamento: 9.413.201 pesetas.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 6 de febreiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1649