Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 marzo 1997, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada Meira-Ponte Soutelo, treito: Meira-Alto do Couso. (Clave: E/SC/96.50.).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia

da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución encóntranse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa orzamentario 413B, denominado construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data 30 de outubro de 1996, aprobouse o proxecto das obras de alargamento e mellora da estrada Meira-Ponte Soutelo, treito: Meira-Alto do Couso. Clave: E/SC/96.50.

O Consello da Xunta de Galicia polo Decreto 430/1996, do 29 de novembro, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por estas para efectos da aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran nas relacións expostas no taboleiro de anuncios dos concellos de Meira e Ribeira de Piquín para que comparezan no lugar, datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios, de consideralo necesario.

* Concello de Meira:

Lugar: o levantamento de actas será na Casa do Concello de Meira.

Día: 2 de abril de 1997, de 10.30 a 13.30 horas. Titulares con apelidos que inicien co «A» ata os do «M».

Día: 3 de abril de 1997, de 10.30 a 13.30 horas. Titulares con apelidos que inicien co «N» ata os do «Z».

Concello de Ribeira de Piquín.

Lugar: o levantamento de actas será na Casa do Concello de Meira.

Día: 2 de abril de 1997, de 10.30 a 13.30 horas. Titulares con apelidos que inicien co «A» ata os do «Z».

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación

forzosa, ábrese a información pública durante un prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación no Boletín Oficial do Estado o ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito perante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, sita na Ronda da muralla, 131, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 6 de marzo de 1997.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo

1850