Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.354

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (16/1997-2).

En virtude do disposto polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en xuízo de testamentaría número 16.1997-2, sendo promovente Alfonso Iglesias Fernández, representado pola procuradora Sánchez Silva, respecto do patrimonio hereditario de Alfonso Iglesias Regueiro, cítanse os interesados na dita herdanza, para que comparezan por si ou por medio de procurador, con poder declarado bastante, perante este xulgado sito no edificio dos xulgados, 2ª planta, rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas, para que comparezan o día 22 de abril de 1997, ás 9.30 horas para a formación de inventario e administración. E no caso de ter falecido poderán comparecer en forma os seus herdeiros, coa prevención de que se non comparecen continuará o xuízo sen volvelos citar.

E para que así conste e sirva de citación ós interesados, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 1997.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

1822