Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.304

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 25 de febreiro de 1997 pola que se desenvolve unha liña de axudas ó establecemento no estranxeiro da empresa galega.

Mediante o Decreto 454/1996, do 26 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 8, do 14 de xaneiro de 1997, polo que se establece un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega, créanse dúas novas liñas de axudas financeiras tendentes a apoiar, por unha parte, o aseguramento dos riscos inherentes ás operacións de exportación fóra da Unión Europea que realicen as empresas radicadas en Galicia e, por outra parte, o establecemento destas últimas no estranxeiro.

O artigo 2 do decreto mencionado establece que corresponderá á Consellería de Economía e Facenda a aprobación da normativa reguladora das distintas convocatorias de axudas, debéndose fixar nesta normativa ou nas convocatorias específicas, aquelas disposicións relativas á delimitación do ámbito de aplicación, beneficiarios, actividades, importe e condicións delas, así coma os prazos de presentación, modelos de solicitude e demais trámites para a concesión.

A presente orde apróbase co obxecto de desenvolve-la normativa reguladora correspondente á liña de axudas de apoio ó establecemento da empresa galega no estranxeiro, prevista no Decreto 454/1996 como apoio directo ás pequenas e medianas empresas galegas, así como de realiza-la convocatoria daqueles programas de axuda previstos na liña mencionada correspondentes á modalidade de subvencións a fondo perdido.

Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto da presente orde é desenvolve-la normativa reguladora correspondente á liña de axudas de apoio ó establecemento da empresa galega no estranxeiro, creada polo Decreto 454/1996, do 26 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 8, do 14 de xaneiro de 1997, polo que se establece un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega, así como realiza-la convocatoria, dentro dos diferentes programas que integran a dita liña, das axudas correspondentes á modalidade de subvencións a fondo perdido.

Artigo 2º.-Modalidade das axudas.

As axudas a que se refire a presente orde son as seguintes:

a) Subsidiación ó tipo de xuro das operacións de préstamo concertadas con entidades financeiras des

tinadas a financiar investimentos de carácter permanente en países non pertencentes á Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), a través da adquisición de activos fixos ou da toma de participacións financeiras, vinculadas á creación ou ampliación de redes comerciais propias ou de instalacións productivas nos ditos países.

b) Subvencións a fondo perdido sobre o importe dos gastos necesarios para o establecemento e posta en marcha de redes comerciais propias de carácter permanente no estranxeiro, así como sobre os gastos de homologación de productos ante organismos oficiais estranxeiros que se consideren necesarios para a comercialización deles a través das ditas redes.

c) Subvencións a fondo perdido sobre o custo salarial de contratación laboral polas empresas de persoal especializado destinado a lles prestar servicios en establecementos no estranxeiro.

Artigo 3º.-Xestión, convocatoria e instrumentación das axudas.

3.1. A concesión e xestión destas axudas será efectuada polo Igape con cargo ós conceptos de gastos 0443 71360 77000; 0443 71361 77001 e 0443 71362 77001 do programa de promoción do seu orzamento, quedando subordinada a súa concesión en exercicios futuros ás dispoñibilidades orzamentarias que anualmente se establezan. A resolución de concesión de subvencións efectuarase ordenadamente por data de presentación de solicitudes, mentras exista crédito orzamentario suficiente no exercicio de que se trate, procedéndose á súa denegación sen máis causa no momento que esgote o dito crédito, o que se fará público a través de resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

3.2. Convocatoria e tramitación.

A) As axudas para as operacións de préstamo concertadas con entidades financeiras destinadas a financiar investimentos na creación ou ampliación de redes comerciais e investimentos productivos en países non membros da OCDE a que se fai referencia no apartado a) do artigo anterior convocaranse e tramitaranse mediante convenios que o Igape subscriba con entidades financeiras. Nos ditos convenios incluiranse aquelas disposicións relativas á tramitación, xestión, condicións e delimitación do ámbito de aplicación das axudas e demais trámites para a súa concesión, así coma os modelos de instancia de solicitude. En todo caso, os convenios coas entidades financeiras deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia, podendo fixarse neles o prazo de presentación de solicitudes.

B) A convocatoria das axudas para o establecemento e posta en marcha de redes comerciais propias de carácter permanente no estranxeiro e para a contratación polas empresas de persoal especializado destinado a lles prestar servicios no estranxeiro, a que se fai referencia nos apartados b) e c) do artigo anterior, realízase mediante a presente orde.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

4.1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas pola presente orde aquelas sociedades mercantís e sociedades cooperativas que teñan a consideración de pequenas e medianas (PEMES), conforme a definición establecida pola Unión Europea. Para os ditos efectos, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade xurídica que, na data de peche do último exercicio, reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores e,

b) Que teña ben un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de ecus, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de ecus, e

c) Que cumpra o criterio de independencia. Para estes efectos consideraranse empresas independentes, aquelas nas que o 25% ou máis do seu capital ou os seus dereitos de voto non pertenza directa ou indirectamente a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME segundo os tres requisitos establecidos, salvo se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou a investimentos institucionais, sempre que estes non exerzan ningún control sobre a empresa.

Para o cálculo dos limiares a) e b), adicionaranse as cifras correspondentes á empresa beneficiaria e de tódalas empresas que posúan o 25% ou máis do seu capital ou dos dereitos de voto.

Para os efectos de aplicación dos límites establecidos neste apartado, terase en conta o seguinte tipo de cambio do ECU: 1 ECU=160 pesetas.

En caso de que durante a vixencia desta orde, a Unión Europea establecese unha definición de PEME diferente da anterior, será de aplicación para estes efectos a nova definición que se estableza.

4.2. Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as sociedades mercantís e sociedades cooperativas que, sen teren a condición de PEME, presenten expedientes de solicitude comprendidos no marco da presente orde e que se consideren de especial interese socioeconómico polo Igape ou respecto ás que a Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos declarase a necesidade ou conveniencia de apoio.

Artigo 5.-Ámbito territorial.

As sociedades beneficiarias das axudas obxecto desta orde deberán te-lo seu enderezo social e fiscal e o centro principal da súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante o anterior e con carácter excepcional, no caso de subsidiación ó tipo de xuro das operacións de préstamo concertadas con entidades financeiras, destinadas a financiar investimentos de carácter permanente en países non pertencentes a OCDE, poderán ser beneficiarias das ditas axudas as sociedades

estranxeiras o capital das cales estea participado en máis dun 50% por sociedades que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 454/1996, do 26 decembro, e nesta orde, sempre que adicionalmente se cumpran os seguintes requisitos:

a) A participación no capital da sociedade estranxeira permítelles ás sociedades galegas exerce-lo control e dirección efectiva da sociedade participada. No caso de que a participación en máis do 50% do capital na sociedade estranxeira beneficiaria sexa tida conxuntamente por máis dunha sociedade galega, deberá quedar suficientemente acreditada a existencia de unidade de decisión a través dun acordo de sindicación.

b) A xuízo do Igape, a actividade da empresa estranxeira deberá ter unha vinculación directa ou complementariedade coas sociedades galegas participantes.

c) A sociedade estranxeira beneficiaria das axudas deberá destinar obrigatoriamente os fondos do préstamo ó pagamento dos investimentos en activos fixos que se consideren subvencionables, realizadas directamente por esta no país ó que pertenza.

d) A sociedade estranxeira participada deberá cumpri-los requisitos establecidos no Decreto 454/1996, do 26 de decembro, nesta orde e na normativa que con posterioridade se poida dictar, para as empresas beneficiarias.

Neste caso as sociedades galegas participantes na sociedade beneficiaria estranxeira responderán solidariamente con esta do cumprimento de tódalas súas obrigas respecto a estas axudas.

Artigo 6º.-Actividades subvencionables.

Son subvencionables ó amparo desta orde as actividades económicas seguintes:

a) As de extracción, procesamento e transformación das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) A extracción, procesamento e transformación de minerais e os seus derivados.

c) A industria transformadora e os servicios de apoio industrial.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización relacionadas con calquera das actividades anteriormente descritas.

Artigo 7º.-Subsidiación ó tipo de xuro de préstamos destinados ó financiamento de investimentos en países non pertencentes á OCDE.

7.1. Destino das axudas.

Poderán subsidiarse ó amparo desta orde, os xuros daqueles préstamos concertados con entidades financeiras coas que se subscribise o correspondente convenio, destinados exclusivamente a financiar investimentos de carácter permanente en países non pertencentes á OCDE, a través da adquisición de

activos fixos ou da toma de participacións financeiras de filiais ou sociedades estranxeiras, vinculadas estrictamente á creación ou ampliación de redes comerciais propias ou de instalacións productivas nos ditos países, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Os investimentos subvencionables poderán realizarse polo beneficiario das axudas:

-Directamente, mediante a creación, ampliación ou adquisición de sucursais ou establecementos permanentes no estranxeiro, ou ben as realizadas polas sociedades estranxeiras a que se refire o artigo 5º desta orde.

-Indirectamente, xa sexa a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras o capital das cales pase a estar participado polo beneficiario en polo menos un 50%, que sexan á súa vez os que realicen os investimentos, ou ben mediante a participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes que conten no seu patrimonio cos activos productivos ou comerciais que indirectamente se pretenden adquirir. No caso de participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes, como resultado da adquisición de capital subsidiada, o beneficiario deberá pasar a ter unha participación directa no capital da sociedade estranxeira que lle permita influír notablemente na súa xestión ou control, a través duha presencia significativa nos órganos de goberno da sociedade, e que en ningún caso a dita participación será inferior ó 20%.

b) Os proxectos de investimento terán que ser considerados viables, debendo ter, a xuízo do Igape, unha repercusión positiva substancial para a actividade desenvolvida pola empresa beneficiaria en Galicia, no marco dun proceso de expansión e integración horizontal ou vertical.

c) En ningún caso serán subvencionables aqueles proxectos que teñan por finalidade a substitución da actividade principal desenvolvida en territorio galego por outra actividade similar no exterior.

d) No caso de investimentos na creación ou ampliación de instalacións productivas, o beneficiario das axudas deberá, como mínimo, manter durante os tres primeiros anos de vixencia da subsidiación o nivel de emprego existente nos centros de actividade radicados en Galicia na data de solicitude da subvención.

e) No caso de investimentos na creación ou ampliación de redes comerciais propias do beneficiario no exterior, as ditas redes deberán estar directamente relacionadas coa súa actividade productiva no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ou, excepcionalmente, no caso de sociedades constituídas co único obxecto de comercializar ó exterior a producción conxunta dos seus socios, coa actividade productiva destes últimos no dito territorio sempre que ditos os socios teñan polo menos a maioría de capital.

f) Unicamente poderán considerarse subvencionables os investimentos en activos fixos ou en participacións financeiras adquiridos a terceiros que se realicen e paguen a partir da data de presentación da solicitude de axuda.

g) En ningún caso se considerarán subvencionables aqueles investimentos en activos fixos ou na adquisición de capital xa emitido de sociedades estranxeiras que se realicen entre persoas ou entidades vinculadas, segundo a definición de tales operacións contidas na normativa do imposto sobre sociedades.

h) A participación nos fondos propios filiais e no capital de sociedades estranxeiras conforme o establecido no apartado a), terá en todo caso carácter duradeiro, cun mínimo de permanencia no accionariado igual ó da vixencia da operación financeira subsidiada.

7.2 Conceptos de investimento subvencionables.

En función do destino da operación, poderán considerarse subvencionables:

a) No caso de investimentos que se realicen directamente, mediante a creación, ampliación ou adquisición de sucursais ou establecementos permanentes no estranxeiro, ou as realizadas polas sociedades estranxeiras a que se refire o artigo 5º, ou ben indirectamente, a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras cun capital que pase a estar participado en polo menos un 50%, os investimentos estrictamente necesarios para a execución do proxecto, que se realicen en:

-Adquisición de terreos para a implantación do proxecto.

-Traídas e acometidas de servicios.

-Urbanización e obras exteriores.

-Obra civil.

-Bens de equipo.

-Traballos e estudios de planificación, enxeñería de proxecto e dirección facultativa dos traballos.

-Outros investimentos en activos fixos materiais.

-Activos intanxibles ligados ó investimento: unicamente en aplicacións informáticas e en propiedade industrial.

Os activos nos que se materialice o investimento deberanse manter durante a vixencia do préstamo ou, se é o caso, substituiranse por outros de idéntica natureza ou destino; non poderá, neste último caso, obterse ningún tipo de axuda financeira do Igape para a adquisición destes últimos.

b) No caso de investimentos que se realicen indirectamente, a través da participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes: terá que tratarse da participación no capital de sociedades estranxeiras que conten no seu patrimonio cos activos productivos ou comerciais que indirectamente

se pretenden adquirir complementarios á actividade desenvolvida en Galicia, que se consideren necesarios para a execución do proxecto e que respondan a algún dos conceptos de investimento subvencionable establecidos no apartado 7.2.a) anterior.

7.3. Importe da operación financeira e porcentaxes de financiamento.

O importe máximo da operación financeira subsidiable será de 500 millóns de pesetas, ou o seu contravalor en divisa, se ben o Igape poderá autorizar límites superiores en función do especial interese socioeconómico da operación.

O límite máximo por operación que se vaia financiar, non poderá exceder do 70% do investimento total subvencionable, xa sexa a través da adquisición de activos fixos ou de participacións financeiras.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando se trate de investimentos que se vaian realizar indirectamente a través de filiais estranxeiras participadas pola empresa beneficiaria en menos dun 100%, ou cando o beneficiario das axudas sexa unha sociedade estranxeira que cumpra o disposto no artigo 5º desta orde, a porcentaxe de financiamento sobre o investimento subvencionable que vaia realizar calquera de ámbalas sociedades non poderá exceder do 70% da porcentaxe da participación en capital que pase a te-la sociedade beneficiaria ou do ostentado individual ou conxuntamente polas sociedades galegas a que se refire o artigo 5º mencionado.

No caso de investimentos a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras, o importe máximo de investimento financeiro subvencionable virá dado polo valor dos activos fixos subvencionables que se pretendan adquirir por estas últimas, salvo que a aportación a fondos propios que se realice sexa inferior, neste caso tomarase este último valor.

No caso de investimentos a través da participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes, o importe máximo de investimento financeiro subvencionable será o valor das accións ou participacións que se pretendan adquirir ou subscribir. Para estes efectos, o valor máximo das accións ou participacións a adquirir ou subscribir que se poderá ter en conta para a determinación deste importe, será o resultante de multiplica-lo valor neto contable dos activos pertencentes á sociedade participada que se consideren subvencionables, de acordo co disposto no Art. 7.2 e segundo o último balance oficial, pola porcentaxe de participación en capital que se vaia adquirir ou subscribir.

Non obstante o establecido no parágrafo anterior, excepcionalmente o Igape poderá considerar como valor dos activos subvencionables o resultante de informe pericial de taxación.

7.4. Axuda financeira.

A subsidiación ó tipo de xuro poderá alcanzar ata os 5 puntos porcentuais, téndose en conta para cua

lificación do proxecto de investimento como subvencionable e a determinación da contía da axuda os seguintes factores:

a) O grao de vinculación e repercusión do proxecto coa actividade empresarial desenvolvida en Galicia.

b) A clase de proxecto de que se trate: primeiro establecemento ou ampliación.

c) O grao de implantación que supoña o proxecto, apoiándose con maior intensidade a constitución de filiais respecto á creación de sucursais ou establecementos permanentes.

d) A incorporación de tecnoloxía e/ou bens de equipo de orixe galega.

e) A cooperación empresarial que, se é o caso, se dea no proxecto.

f) A viabilidade e rendibilidade estimada do proxecto e o volume de retorno do investimento que supoña.

7.5. Prazos de amortización e subsidiación.

O prazo máximo de amortización e de subsidiación do préstamo será de sete anos, admitíndose, como máximo, dous anos de carencia na devolución do principal dentro dos sete anos considerados.

7.6. Tipo de xuro mínimo para o beneficiario.

O tipo de xuro neto do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, en ningún caso poderá ser inferior ó 3%. No caso de que por aplicación dos puntos de subsidiación aprobados, o xuro neto quedase por debaixo do límite establecido, limitarase a subsidiación devengada no que corresponda, ata alcanzarse o citado tipo efectivo resultante.

A limitación establecida no parágrafo anterior non será aplicable no caso de que a operación financeira subsidiada se concerte en divisas.

7.7. Procedemento e tramitación.

A tramitación, xestión, condicións e delimitación do ámbito de aplicación das axudas reguladas neste artigo, así como os prazos de presentación de instancias, modelos de solicitude e demais trámites para a concesión realizarase de conformidade con esta orde, as disposicións que, se é o caso, se dicten no seu desenvolvemento e o disposto nos convenios que se subscriban coas entidades financeiras.

7.8. Xustificación.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificarlle ó Igape a aplicación íntegra dos fondos da operación financeira subsidiada ás finalidades para as que foi concedida, na forma e prazos que se establezan nos convenios que se subscriban coas entidades financeiras.

Logo de comunicación do beneficiario, poderanse admitir automaticamente variacións á baixa no

importe do investimento xustificada respecto á total aprobada, sen necesidade de modifica-la resolución de concesión emitida, sempre e cando as ditas variacións se deban exclusivamente a diferencias de tipo de cambio de divisas, e se amortice anticipadamente o préstamo no importe correspondente á cantidade non xustificada.

Para a xustificación da realización e pagamento dos investimentos considerados subvencionables o Igape poderá requirir, a cargo do beneficiario, auditoría externa realizada por sociedade recoñecida.

7.9. Liquidación e aboamento.

Unha vez xustificado ante o Igape a aplicación dos fondos da operación financeira subsidiada conforme o disposto no apartado 7.8. anterior, a entidade financeira prestataria coa que se estableza o correspondente convenio poderá comezar a practica-la liquidación da subsidiación ó Igape coa perioricidade e nas condicións que se establezan nel, efectuando o aboamento o Igape ó beneficiario a través da dita entidade, sen prexuízo das comprobacións que en todo caso se reserve.

No caso das variacións á baixa no importe de investimento xustificado respecto ó total aprobado que se deban exclusivamente a diferencias de tipo de cambio de divisas a que se refire o apartado 7.8, a liquidación de subsidiación efectuada pola entidade financeira ó Igape referirase exclusivamente ó importe devengado correspondente á cantidade xustificada.

Artigo 8º.-Subvención a fondo perdido sobre os gastos de establecemento e posta en marcha de redes comerciais no estranxeiro, así como sobre os gastos de homologación de productos.

8.1. Destino das axudas.

Poderanse conceder subvencións a fondo perdido sobre os gastos que se consideren necesarios para o establecemento e posta en marcha polo beneficiario de redes comerciais propias de carácter permanente no estranxeiro, a través da creación de filiais ou sucursais, no marco dun plan de expansión comercial internacional que a empresa proxecte realizar durante os dous próximos anos que inclúa a súa implantación no estranxeiro ou a diversificación dos seus mercados exteriores.

Igualmente poderanse conceder subvencións a fondo perdido, sobre os gastos de homologación de productos fabricados en Galicia ante organismos oficiais estranxeiros que se consideren necesarios para a súa comercialización a través das redes de carácter permanente a que se refire o parágrafo anterior.

En ámbolos casos, deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) Terá que tratarse de redes comerciais propias da empresa beneficiaria a través das que pretenda exporta-los seus productos ó mercado obxectivo no que se pretenda penetrar, excluíndose do ámbito

de aplicación das axudas os gastos que correspondan a axentes, representantes e franquías.

b) As redes comerciais deberán estar directamente relacionadas coa actividade productiva do beneficiario no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ou, excepcionalmente, no caso de sociedades constituídas co único obxecto de comercializar ó exterior a producción conxunta dos seus socios, coa actividade productiva destes últimos no dito territorio, sempre que os ditos socios posúan polo menos a maioría de capital.

c) Os gastos subvencionables a que se refire o apartado 8.2. deberán realizarse a través de novas filiais ou sucursais durante, como máximo, os dous primeiros anos de funcionamento delas, tomándose para estes efectos como data de referencia a de constitución da filial ou de creación da sucursal, salvo que esta última sexa sucursal da filial; no dito caso tomarase a data de constitución da filial.

d) Non se admitirán como subvencionables os gastos correspondentes a filiais ou sucursais naqueles países onde a empresa solicitante xa se implantase a través doutras filiais, sucursais ou establecementos permanentes. Non obstante o anterior, excepcionalmente poderá admitirse, en función da extensión xeográfica do país ou as súas características particulares, a implantación en distintos territorios ou zonas dentro del.

e) As filiais ou sucursais deberán ter actividade estrictamente comercial, debendo o capital das primeiras estar participado en máis dun 50% pola sociedade beneficiaria, salvo que por imperativo do país de implantación se esixan participacións inferiores e iso resulte suficientemente xustificado. Para estes efectos, poderanse admitir filiais compartidas, sempre e cando a participación en capital conxunta das sociedades galegas sexa como mínimo dun 50%, salvo que sexa aplicable a excepción prevista neste apartado.

8.2. Gastos subvencionables.

8.2.1. Unicamente poderán considerarse subvencionables os gastos relacionados a continuación, en que se incorra a través de filiais ou sucursais do beneficiario no estranxeiro, durante os dous primeiros anos de funcionamento delas, para o establecemento e posta en marcha de redes comerciais propias no estranxeiro:

-Gastos de constitución de filiais e sucursais: escrituras, inscricións, permisos administrativos, licencias e similares.

-Custos do persoal da filial ou sucursal, entre os que se incluirán exclusivamente soldos e salarios, cotizacións á seguridade social e seguros de asistencia médica. Non se consideran como subvencionables as comisións nin os gastos de representación.

-Gastos de alugueiro de locais comerciais e de oficinas, así como de almacéns.

-Gastos de alugueiro de mobiliarios e equipos de oficina, así como de equipos informáticos e de comunicacións.

-Material de oficina.

-Comunicacións: gastos de teléfono, de fax, de télex, correo e demais gastos de comunicación en que se incorra.

-Subministracións: gastos de electricidade, auga, gas e asimilados.

-Primas de seguros: non se inclúen os referentes a persoal, salvo os de asistencia médica, nin os de transporte e comercialización dos productos.

-Rexistro de propiedade industrial.

-Gastos de homologación de productos ante organismos oficiais estranxeiros.

Dentro dos conceptos de gastos anteriores só se considerarán subvencionables os facturados por terceiros, coa excepción dos referidos ós gastos de persoal. Excluído, se é o caso, o imposto sobre o valor engadido. Os correspondentes pagamentos deberán efectuarse a través de conta bancaria, salvo que pola natureza dos gastos se xustifique que non é posible realiza-lo pagamento desde xeito.

8.2.2. Só serán subvencionables os gastos en que se incorra, a través da filial ou sucursal, dentro do ano natural en que se presente a solicitude. En caso de que a filial ou sucursal sexa constituída ou creada durante o ano natural da solicitude, serán subvencionables os gastos en que se incorra desde a data de constitución ou creación da filial ou sucursal ata o termo do dito ano natural.

8.3. Contía da axuda.

A subvención poderá chegar a cubrir ata o 50% dos gastos anuais considerados subvencionables, téndose en conta para a cualificación do proxecto de expansión internacional como subvencionable e a determinación da contía da axuda os seguintes factores:

a) A implantación por primeira vez no exterior.

b) A evolución das exportacións do beneficiario da axuda nos últimos anos.

c) A maior ou menor diversificación xeográfica dos mercados de exportación do beneficiario.

d) O grao de implantación que supoña o proxecto, apoiándose con maior intensidade a constitución de filiais respecto á creación de sucursais.

e) A cooperación empresarial que, se é o caso, se dea no proxecto.

No caso de establecemento a través de filiais participadas pola empresa beneficiaria en menos dun 100%, a porcentaxe de subvención virá determinada polo resultado de multiplica-la porcentaxe que correspondería sobre os gastos subvencionables en función dos criterios establecidos nesta orde, pola

porcentaxe de participación en capital posuído pola sociedade beneficiaria.

A subvención por empresa beneficiaria non poderá exceder de 16 millóns de pesetas/ano, rateándose este importe no caso de que os períodos considerados sexan inferiores ó ano, o que poderá producirse cando a filial ou sucursal se constitúa ou se cree despois do comezo do ano natural ou ben cando nese momento lle reste menos de 12 meses para remata-los dous primeiros anos de funcionamento dela. A limitación cuantitativa anterior será de aplicación conxunta a tódalas sociedades galegas participantes en filiais compartidas, de acordo co disposto no apartado 8.1.e).

En ningún caso as axudas previstas neste artigo en concorrencia con outras da mesma natureza ou finalidade poderán supera-lo 75% do importe íntegro dos gastos subvencionados do proxecto. En caso de que se supere este límite, o Igape reducirá automaticamente o importe da subvención concedida ata alcanza-lo dito límite.

8.4. Presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será o dos catro primeiros meses de cada ano natural, excepto para o ano de entrada en vigor da presente orde, no que o prazo de catro meses comezará a contar a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes das axudas a que se refire o presente artigo dirixiranse ó Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e incluirán os documentos relacionados a continuación, sempre que estes non estivesen xa actualizados no Igape en virtude doutro expediente correctamente identificado, e que non teñan unha antigüidade superior a seis meses:

1) Instancia dirixida ó Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) conforme o modelo que figura como anexo I da presente orde.

2) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal e da escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos, así como, se é o caso, das modificacións posteriores deles.

3) Certificación dos administradores ou do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente, na que figure:

-A composición actual do Consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación.

-O número de traballadores actuais, así como o volume de negocios e activo total neto referidos ambos á data de peche do último exercicio.

-No caso de que a empresa xa estivese implantada no estranxeiro, identificación detallada das filiais, sucursais ou establecementos en que participe ou que posúa o beneficiario ou as súas filiais en cada un dos países.

4) No caso de solicitudes correspondentes a empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o volume de negocios e activo total neto correspondente á data de peche do último exercicio.

5) En caso de que a filial ou sucursal xa exista, documentación acreditativa da súa constitución ou creación e inscrición no correspondente rexistro, así como copia simple informativa das últimas contas oficiais. En caso de que non figure na documentación anterior a composición do capital no que respecta á súa titularidade, porcentaxe de participación e nacionalidade, deberá facilitarse unha certificación do representante legal da sociedade beneficiaria sobre estes extremos.

6) En caso de filiais ou sucursais non constituídas ou creadas á data de solicitude, compromiso do representante legal da sociedade beneficiaria de constitución ou creación da filial ou sucursal, respectivamente, a través da que se vaia realiza-la implantación no estranxeiro, en función da fórmula xurídica elixida.

7) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidas polos organismos competentes.

8) Certificación de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

9) Copia compulsada da alta no imposto de actividades económicas do último recibo pagado por este imposto.

10) Fotocopia compulsada das declaracións do imposto de sociedades dos dous últimos exercicios.

11) Copia simple das contas anuais completas e, se é o caso, do informe de auditoría alí depositado, correspondentes ó último exercicio.

12) Memoria descritiva do plan de expansión comercial internacional que o solicitante proxecta realizar no horizonte de tres anos, asinada polo representante legal da empresa, que comprenda, polo menos, os seguintes extremos:

-Os antecedentes da empresa e dos seus promotores.

-Identificación do plan de expansión internacional da empresa no que se recolla a razón que aconsella a realización do proxecto, os obxectivos que se pretendan alcanzar e as estratexias desenvolver en cada un dos mercados de implantación.

-Descrición das formas xurídicas de establecemento elixidas, facendo constar, no caso de que o

proxecto ou acción empresarial se pretenda realizar a través de filiais estranxeiras, a titularidade e distribución do capital destas unha vez constituídas ou efectuada a adquisición ou subscrición de capital, se é o caso, proxectada.

-Orzamento desagregado dos gastos subvencionables en que se prevé incorrer, con identificación e desagregación suficiente das diferentes partidas, expresado tanto en pesetas como na divisa en que se vaia efectua-lo seu pagamento, correspondentes ó ano natural para os que se solicita a axuda, así como dos previstos para os dous próximos exercicios. Para estes efectos, tomarase como tipo de cambio da divisa o correspondente o primeiro día hábil do ano natural en que se presente a solicitude. No caso de que por razóns xustificadas non fose posible efectua-la conversión directa de ámbalas moedas, obterase o seu contravalor á data prevista mediante a conversión de cada unha delas ó dólar USA.

-Datos históricos referidos ós tres últimos exercicios sobre as exportacións realizadas polo beneficiario ó país de implantación, se é o caso, así como previsións de exportación durante os tres próximos anos.

13) Declaración xurada do representante legal da empresa doutras axudas solicitadas ou que ten previsto solicitar para o mesmo proxecto, especificando o organismo ó que se solicitaron, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

No caso de que, de acordo co previsto no apartado 8.1.c), se trate de solicitudes de axuda correspondentes ó mesmo proxecto de implantación para o que xa se solicitasen as axudas reguladas neste artigo en anos naturais anteriores, a documentación que hai que achegar de entre a arriba relacionada será unicamente a seguinte:

a) Instancia de solicitude.

b) A actualización, se é o caso, da documentación referida nos apartados 2), 3), 4) e 5) anteriores.

c) A sinalada nos apartados 7) e 8) anteriores.

d) Orzamento desagregado dos gastos subvencionables en que se prevé incorrer, con identificación e desagregación suficiente das diferentes partidas, expresado tanto en pesetas como na divisa en que se vaia efectua-lo seu pagamento, correspondentes ó ano natural para os que se solicita a axuda.

e) Memoria dos resultados e obxectivos cumpridos no exercicio anterior, detallando o importe de exportacións efectuado polo beneficiario ó país, países ou zonas xeográficas determinadas onde se establecese a rede comercial, así como a facturación correspondente á filial ou sucursal. A memoria deberá vir asinada.

O Igape poderá solicitar calquera outra información e documentación que considere conveniente para os efectos da análise da solicitude.

8.5. Resolución.

O Igape, á vista da documentación presentada e de acordo ós requisitos e condicións establecidos, resolverá sobre a concesión das solicitudes de axuda recibidas.

A resolución que se dicte, en caso de ser favorable, referirase exclusivamente ós gastos subvencionables, expresados en pesetas, en que se prevexa incorrer a través da sucursal ou filial estranxeira do beneficiario durante o ano natural, ou fracción del, en que se presente a solicitude.

As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no prazo máximo de catro meses contados a partir da recepción da solicitude consideraranse desestimadas.

8.6. Notificación ó interesado e aceptación da subvención.

O Igape notificaralles ós solicitantes a resolución individual. Nos casos de resolución de concesión de subvención, o beneficiario deberá manifesta-la súa aceptación á resolución e ás condicións establecidas nela dentro do prazo de dez días hábiles, contados a partir da súa notificación. Transcorrido o dito prazo sen que o beneficiario manifeste expresamente a aceptación á resolución individual recaída, quedará sen efecto a concesión da subvención.

A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumpri-las condicións e obrigas establecidas na resolución, nesta orde e demais disposicións que sexan de aplicación.

8.7. Xustificación e liquidación da subvención.

O aboamento da subvención será realizado polo Igape dunha soa vez, logo de solicitude de cobramento do beneficiario e xustificación das condicións da concesión da subvención. A solicitude de cobro presentarase ante o Igape dentro dos tres primeiros meses do ano natural seguinte ó da resolución de concesión.

A solicitude de cobramento de subvención a fondo perdido axustarase ó modelo que se xunta á presente orde como anexo II, e acompañarase dos seguintes documentos:

a) Xustificación actualizada do cumprimento por parte da empresa das súas obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, así como de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia, salvo que xa conste no Igape en virtude do establecido no apartado 8.4.

b) Certificación do beneficiario comprensiva dos gastos subvencionables nos que se incorreu a través da filial ou sucursal estranxeira, con desagregamento suficiente e ordenado das facturas, recibos e xustificantes correspondentes a eles, así como dos medios de pagamento utilizados e, se é o caso, do cargo nas contas bancarias a través das que se realizasen os pagamentos. O importe dos gastos deberá vir denominado na divisa correspondente e en pese

tas, tomándose para estes efectos e por razóns prácticas, como tipo de cambio da divisa a media dos tipos de cambio aplicables ó comezo de cada cuadrimestre do ano natural ó que se refire a xustificación. No caso de que por razóns xustificadas non fose posible efectua-la conversión directa de ámbalas moedas, obterase o seu contravalor ás datas previstas, mediante a conversión de cada unha delas ó dólar USA.

A anterior certificación virá acompañada dos xustificantes acreditativos da realización e pagamento dos gastos subvencionables correspondentes ó período considerado, podendo o Igape esixi-la revisión de auditoría externa da certificación emitida e os documentos anexos; o seu custo será exclusivamene a cargo do beneficiario.

c) Documentos acreditativos da constitución ou creación da filial ou sucursal estranxeira, en caso de que esta non se crease con carácter previo á solicitude da axuda e así se xustificase. Para estes efectos, as porcentaxes de participación no capital da filial deberán axustarse ós límites previstos neste artigo.

d) Acreditación do cumprimento doutras condicións que, se é o caso, se establezan na resolución individual e que deban xustificarse nese momento.

En todo caso, para os efectos de aclara-los extremos concernentes á xustificación da realización dos gastos e o cumprimento de de calquera outra condición, o Igape poderá requiri-la documentación e peritaxes ou realiza-las actuacións ou inspeccións que considere convenientes, sen prexuízo das facultades de control da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, de acordo co disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Unha vez solicitado o cobramento da subvención concedida, e xustificados ante o Igape os extremos anteriores nos prazos e condicións establecidos, o Igape procederá ó pagamento da subvención. O importe en pesetas dos gastos considerados para os efectos da liquidación da subvención será o resultante de aplicar á divisa correspondente o tipo de cambio previsto no apartado b) anterior. Non obstante, se como consecuencia deste cálculo se obtivese un importe de gastos en pesetas superior ó previsto na resolución de concesión, considerarase este último importe.

Logo de comunicación do beneficiario, poderanse admitir automaticamente variacións á baixa no importe xustificado dos gastos subvencionables respecto ó importe total aprobado, sen necesidade de modifica-la resolución de concesión emitida, sempre e cando se considere que non se desvirtúa o proxecto. Neste caso a porcentaxe de subvención aprobado aplicarase sobre o importe debidamente xustificado.

8.8. Idioma dos documentos achegados.

O Igape poderá esixir que tódolos documentos que deba presenta-lo beneficiario, para os efectos da

presente axuda, veñan confeccionados en galego ou castelán, ou noutro caso, acompañados da súa traducción oficial a calquera dos idiomas anteriores.

Artigo 9º.-Subvención a fondo perdido sobre o custo de contratación laboral de persoal especializado destinado a prestar servicios á empresa no estranxeiro.

9.1. Destino das axudas.

Poderanse conceder subvencións a fondo perdido sobre o custo de contratación laboral polas empresas, de persoal especializado destinado a lles prestar servicios no estranxeiro no marco dun plan de expansión internacional que a empresa proxecte realizar, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a contratación do persoal especializado se considere, polos seus coñecementos ou experiencia, necesaria para o establecemento e a posta en marcha de proxectos de investimento no estranxeiro vinculados á creación, ampliación, ou adquisición de instalacións productivas nel, sempre e cando os ditos proxectos ou accións estean directamente relacionados coa actividade productiva do beneficiario no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Os proxectos investidores terán que ser considerados viables, debendo ter, a xuízo do Igape, unha repercusión positiva substancial para a actividade desenvolvida pola empresa beneficiaria en Galicia.

c) A execución do proxecto investidor poderá realizarse directamente polo beneficiario das axudas, mediante a creación, ampliación ou adquisición de sucursais ou establecementos permanentes no estranxeiro, ou ben indirectamente, xa sexa a través de filiais estranxeiras participadas polo beneficiario en polo menos un 50% que sexan as que desenvolven o proxecto, ou ben mediante a toma de participación da maioría do capital de sociedades estranxeiras xa existentes que xa conten cos activos que indirectamente pretende adquirirse.

d) A contratación subvencionada realizarase con persoal de nova incorporación, sen que o dito persoal proveña ou estivese contratado en empresas vinculadas.

e) A contratación subvencionada realizarase para a cobertura de, como máximo, un posto de traballo por proxecto e país de destino.

f) As actividades que vaian ser desempañadas polo persoal contratado deberán estar estrictamente relacionadas co establemento e a posta en marcha do proxecto empresarial no estranxeiro.

g) A contratación efectuarase e manterase por un período inicial mínimo dun ano.

9.2. Contía da axuda.

A subvención poderá chegar a cubrir ata o 50% do custo do primeiro ano de contratación laboral

do persoal a que se refire o apartado anterior. O custo de persoal subvencionable está constituído exclusivamente polo soldo pactado, as cotizacións á seguridade social e, se é o caso, seguros de asistencia médica en ámbolos casos a cargo da empresa.

A subvención para cada beneficiario por proxecto empresarial e país de destino non poderá exceder de 2 millóns de pesetas. Así mesmo o número máximo de proxectos subvencionados por beneficiario pon poderá exceder de 2 cada ano.

Para a cualificación do proxecto de expansión internacional como subvencionable e a determinación da contía da axuda, teranse en conta os seguintes factores:

a) A clase de proxecto de que se trate: primeiro establecemento ou ampliación.

b) O grao de vinculación e repercusión do proxecto coa actividade empresarial desenvolvida en Galicia.

c) O grao de implantación que supoña o proxecto, apoiándose con maior intensidade a constitución de filiais respecto á creación de sucursais ou establecementos permanentes.

d) A incorporación de tecnoloxía e/ou bens de equipo de orixe galega.

e) A cooperación empresarial que, se é o caso, se dea no proxecto.

f) A viabilidade e rendibilidade estimado do proxecto e o volume de retorno do investimento que supoña.

g) A experiencia productiva, técnica ou de xestión do persoal a contratar na área de actividade.

No caso de que a execución do proxecto se realice a través de filiais participadas pola empresa beneficiaria en menos dun 100%, a porcentaxe de subvención virá determinada polo resultado de multiplica-la porcentaxe que correspondería sobre os gastos subvencionables en función dos criterios establecidos nesta orde, pola porcentaxe de participación en capital posuído pola sociedade beneficiaria.

En ningún caso as axudas previstas neste artigo, en concorrencia con outras da mesma natureza ou finalidade, poderán supera-lo 75% dos custos de contratación laboral subvencionados do proxecto. No caso de que se supere este límite, o Igape reducirá automaticamente o importe da subvención concedida ata alcanza-lo dito límite.

9.3. Presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será o dos catro primeiros meses de cada ano natural, excepto para o ano de entrada en vigor da presente orde, no que o prazo de catro meses comezará a contar a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes das axudas a que se refire o presente artigo, dirixiranse ó Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en calquera das formas previstas

no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e incluirán os documentos relacionados a continuación, sempre que estes non estean xa actualizados no Igape en virtude doutro expediente correctamente identificado, e que non teñan unha antigüidade superior a seis meses:

1) Instancia dirixida ó Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) conforme o modelo que figura como anexo III da presente orde.

2) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal e da escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos, así como, se é o caso, das modificacións posteriores deles.

3) Certificación dos administradores ou do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente, na que figure:

-A composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación.

-O número de traballadores actuais así como o volume de negocios e activo total neto referidos ambos á data de peche do último exercicio.

-No caso de que a empresa xa estivese implantada no estranxeiro, identificación detallada das filiais, sociedades, sucursais ou establecementos nos que participe ou que posúa o beneficiario ou as súas filiais en cada un dos países.

4) No caso de solicitudes correspondentes a empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o volume de negocios e activo total neto correspondente á data de peche do último exercicio.

5) No caso de que a filial ou sucursal xa exista, documentación acreditativa da súa constitución ou creación e inscrición no correspondente rexistro, así como copia simple informativa das últimas contas oficiais. No caso de que non figure na documentación anterior, deberá facilitarse unha certificación do representante legal da sociedade beneficiaria sobre a composición do capital no que respecta á súa titularidade, porcentaxe de participación e nacionalidade.

6) No caso de non existir na data de solicitude compromiso do representante legal da sociedade beneficiaria de constitución ou creación da filial ou sucursal, respectivamente, a través da que se vaia realiza-la implantación no estranxeiro, en función da fórmula xurídica elixida.

7) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidas polos organismos competentes.

8) Certificación de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

9) Copia compulsada da alta no imposto de actividades económicas e último recibo pagado por este imposto.

10) Copia simple das contas anuais completas e, se é o caso, do informe de auditoría alí depositado, correspondentes ó último exercicio.

11) Copia compulsada do documento nacional de identidade ou, no caso de ser de nacionalidade estranxeira, do pasaporte da persoa que se pretende contratar.

12) Carta compromiso asinada polo persoal que se pretende contratar na que se manifeste a súa aceptación ó importe e condicións da contratación co solicitante da axuda.

13) Memoria descritiva da contratación para a que se solicita a axuda asinada polo representante legal da empresa, na que se faga constar, como mínimo, os seguintes extremos:

-Currículum vitae do persoal directivo ou técnico que se vaia contratar, así como documentación xustificativa del.

-Descrición das funcións que vaia desempeña-lo persoal directivo ou técnico que se contrate, indicando o lugar e condicións en que desempeñará as súas funcións.

-Proposta de contrato laboral que se concerte.

-Orzamento desagregado dos gastos do persoal especializado correspondentes ó ano natural para os que se solicita a axuda, expresado tanto en pesetas como na divisa na que se vaia efectua-lo seu pagamento. Para estes efectos, tomarase como tipo de cambio o correspondente ó primeiro día hábil do ano natural no que se presente a solicitude. No caso de que por razóns xustificadas non fose posible efectua-la conversión directa de ámbalas moedas, obterase o seu contravalor na data prevista, mediante a conversión de cada unha delas ó dólar USA.

14) Memoria descritiva do plan de expansión internacional que o solicitante proxecta realizar, asinada polo representante legal da empresa, que comprenda, polo menos, os seguintes extremos:

-Os antecedentes da empresa e dos seus promotores.

-Identificación do plan de expansión internacional da empresa no que se recolla a razón que aconsella a realización do proxecto, os obxectivos que se pretendan e as estratexias que se vaian a desenvolver nos mercados de implantación, así como os beneficios que, ó seu xuízo, supón o dito plan á economía galega.

-Descrición das formas xurídicas de establecemento elixidas, facendo constar, no caso de que o proxecto ou acción empresarial se pretenda realizar a través de filiais estranxeiras, a titularidade e dis

tribución do capital destas unha vez constituídas ou efectuada a adquisición ou subscrición de capital, se é o caso, proxectada.

-Descrición valorada do investimento proxectado, expresado tanto en pesetas como na divisa en que se vaia efectua-lo seu pagamento, con identificación e desagregación suficiente das diferentes partidas que compoñen o proxecto, así como do importe correspondente a cada unha delas. Para estes efectos, tomarase como tipo de cambio o correspondente o primeiro día hábil do ano natural no que se presente a solicitude. No caso de que por razóns xustificadas non fose posible efectua-la conversión directa de ámbalas moedas, obterase o seu contravalor á data prevista, mediante a conversión de cada unha delas ó dólar USA.

-Estudio de viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto de investimento.

15) Declaración xurada do representante legal da empresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, especificando o organismo ó que se solicitaron, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

O Igape poderá solicitar toda aquela información e documentación que considere conveniente para os efectos da análise da solicitude. Non será necesario presentar aquela documentación que xa conste no Igape, actualizada, en virtude doutro expediente.

9.4. Resolución.

O Igape, á vista da documentación presentada e de acordo cos requisitos e condicións establecidos, resolverá sobre a concesión das solicitudes de axuda recibidas.

As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no prazo máximo de catro meses contados a partir da recepción da solicitude, consideraranse desestimadas.

A resolución que se dicte, en caso de ser favorable, referirase exclusivamente ó custo do primeiro ano de contratación laboral, expresado en pesetas, en que se prevexa incorrer polo beneficiario ou pola súa filial estranxeira, do persoal especializado a que se refire a presente axuda.

9.5. Notificación ó interesado e aceptación da subvención.

O Igape notificaralles ós solicitantes a resolución individual recaída. Nos casos de resolución de concesión de subvención o beneficiario deberá manifesta-la súa aceptación á resolución e ás condicións establecidas nela dentro do prazo de dez días hábiles, contados a partir da súa notificación. Transcorrido o dito prazo sen que o beneficiario manifeste a súa aceptación quedará sen efecto a concesión da subvención.

A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumpri-las condicións e obrigas establecidas

na resolución, nesta orde e demais disposicións que sexan de aplicación.

9.6. Formalización dos contratos.

O prazo máximo para a contratación do persoal subvencionado, será de seis meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión; a partir deste prazo esta considerarase nula e comportará automaticamente a perda dos beneficios nela previstos.

9.7. Xustificación e liquidación da subvención.

O aboamento da subvención realizarase polo Igape dunha soa vez, logo de solicitude de cobramento do beneficiario e xustificación das condicións da concesión da subvención unha vez transcorrido o período de contratación subvencionable. A solicitude de cobramento de subvención a fondo perdido axustarase ó modelo que se xunta á presente orde como anexo IV, e acompañarase dos seguintes documentos:

a) Xustificación actualizada do cumprimento por parte da empresa das súas obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, así como de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia, salvo que xa conste no Igape en virtude do establecido no apartado 9.3.

b) Documentos xustificativos da constitución ou creación da filial ou a sucursal estranxeira ou, se é o caso, da participación no capital da sociedade estranxeira que conte cos activos que indirectamente se pretenden adquirir. Para estes efectos, as porcentaxes de participación no capital de filiais e sociedades estranxeiras deberán axustarse ós límites previstos neste artigo.

c) Xustificación do establecemento e posta en marcha do proxecto de investimento empresarial subvencionable de que se trate.

d) Xustificación da formalización e mantemento dos contratos laborais subvencionables no prazo e condicións establecidos.

e) Certificación do beneficiario comprensiva dos custos de contratación subvencionable en que se incorreu a través da filial ou sucursal estranxeira, con desagregación suficiente e ordenado dos recibos e xustificantes correspondentes a eles, así como dos medios de pagamento utilizados. O importe dos gastos deberá vir denominado na divisa correspondente e en pesetas, tomándose para estes efectos e por razóns prácticas, como tipo de cambio da divisa a media dos tipos de cambio aplicables ó comezo de cada cuadrimestre do ano natural ó que se refire a xustificación. No caso de que por razóns xustificadas non fose posible efectua-la conversión directa de ámbalas moedas, obterase o seu contravalor ás datas previstas, mediante a conversión de cada unha delas ó dólar USA.

A anterior certificación virá acompañada dos xustificantes acreditativos da realización e pagamento

dos gastos subvencionables correspondentes ó período considerado, podendo o Igape esixi-la revisión de auditoría externa da certificación emitida e os documentos anexos; o seu custo será exclusivamente por conta do beneficiario.

f) Acreditación do cumprimento doutras condicións que, se é o caso, se establezan na resolución individual e que deban xustificarse nese momento.

En todo caso, para os efectos de aclara-los extremos concernentes á xustificación da realización dos gastos e o cumprimento de calquera outra condición, o Igape poderá requiri-la documentación e peritaxes ou realiza-las actuacións ou inspeccións que considere convenientes, sen prexuízo das facultades de control da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, de acordo co disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Unha vez solicitado o cobramento da subvención concedida, e xustificados ante o Igape os extremos anteriores nos prazos e condicións establecidos, o Igape procederá ó pagamento da subvención. O importe en pesetas dos gastos considerados para os efectos da liquidación da subvención será o resultante de lle aplicar á divisa correspondente o tipo de cambio previsto no apartado d) anterior. Non obstante, se como consecuencia deste cálculo se obtivese un importe de gastos en pesetas superior ó previsto na resolución de concesión, considerarase este último importe.

Artigo 10º.-Información e inspección.

Sen prexuízo dos mecanismos de control establecidos legalmente, o Igape, ben directamente a través dos seus órganos, ou ben indirectamente a través das entidades que designe, poderá efectua-las inspeccións que considere oportunas para os efectos de comproba-la aplicación das axudas ás finalidades para as que foron concedidas e o cumprimento dos seus requisitos. Os beneficiarios e as entidades financeiras participantes deberán facilitar ó máximo o dito labor inspector e achega-la documentación ou información ó respecto que lles sexa facilitada.

Artigo 11º.-Modificación da subvención.

O Igape poderá incoar procedemento de modificación da subvención inicial para adaptala ás novas circunstancias, de acordo coa solicitude do beneficiario, nos casos en que se produza un incumprimento parcial se se acredita que o dito incumprimento non resulta de gran entidade, non desvirtúa a finalidade da subvención ou non é imputable ó beneficiario. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da subvención de acordo co grao de incumprimento e decretará o reintegro do indebidamente percibido ata o dito momento, calculado segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 12º.-Perda da subvención.

12.1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade financeira, por incumprimento

do contrato de préstamo, suspenderase o aboamento da subsidiación desde a data de presentación da reclamación ata a resolución firme do litixio, perdéndose definitivamente o dereito ó cobramento da subsidiación no caso de que a dita resolución determine o incumprimento por parte do beneficiario.

12.2. Nos casos de suspensión de pagamentos ou quebra do beneficiario, perderase o dereito á subsidiación desde a data da admisión a trámite xudicial do expediente de suspensión de pagamentos ou de quebra.

12.3. Procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

Artigo 13º.-Compatibilidade.

Sen prexuízo do establecido nos artigos 8.3 e 9.2., as axudas previstas nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda pública, pero sen que, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan supera-los límites establecidos pola Unión Europea.

Non obstante o anterior, nos convenios e normas que se dicten para o desenvolvemento das axudas reguladas pola presente orde e/ou na resolución de concesión, poderá establecerse a non compatibilidade das mesmas con outras axudas da mesma natureza ou finalidade.

Disposición adicional

Primeira.-Correspóndelle ó Igape a facultade de dicta-las disposicións necesarias para a aplicación das axudas previstas nesta orde, así como para resolve-las dúbidas concretas que se susciten en aplicación dela.

Segunda.-Corresponde ó Igape a facultade de concertar convenios coas entidades financeiras, así como fixa-las condicións deles para a instrumentación e xestión das axudas previstas na presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

1734