A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
Contratación de subministración: froitas, verduras e hortalizas frescas. (C.P. 5/1997).
Orzamento: 16.041.550 de pesetas (IVE incluído).
Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite de urxencia.
Prazo de execución: desde a data de notificación da adxudicación do concurso ata o 31-12-97, en entregas sucesivas, de acordo con pedidos ou programacións.
Admisión de variantes: non se admiten.
Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1º, apartado c), da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18, apartado a), da Lei 13/1995 citada.
Criterios de adxudicación: 1) Valoración económica, ata 8 puntos. 2) Servicio, ata 2 puntos.
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración-planta baixa),
de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 13 horas, agás sábados.
Fianzas: provisional, 320.831 pesetas (2% de 16.041.550), definitiva, será do 4% do importe de licitación.
Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa a dirección de xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que presentarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.
Ourense, 27 de febreiro de 1997.
Pedro A. Soler Bordoy
Director xerente do Complexo Hospitalario
Cristal-Piñor de Ourense
1824