Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da dirección técnica da execución das obras de construcción dun centro cultural no edificio Simeón en Ourense.

1. Obxecto: realización dos traballos de dirección técnica da execución das obras de construcción dun centro cultural no edificio Simeón en Ourense.

2. Orzamento de licitación: 10.316.112 pesetas.

3. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, os pregos de prescricións técnicas e demais documentación para o concurso estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificio San Caetano.

4. Modelo de proposición: o modelo de proposición económica xúntase como anexo ó prego de cláusulas administrativas, o que debe ser cuberto estrictamente conforme a el.

5. Clasificación: os licitadores deberán presentar, se fose o caso, certificado de clasificación de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas.

6. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ata as 12 horas do vixésimo sexto día contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será efecutada pola mesa de contratación reunida en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez (10) horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, unha vez rematado o prazo de presentación das proposicións.

8. Documentación que deben achega-los licitadores: a que figure no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1657