Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dun pavillón polideportivo no colexio de Baíñas, no concello de Vimianzo, e dúas máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no colexio público de Baíñas, no concello de Vimianzo, A Coruña.

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a sesenta e un millóns novecentas vintetrés mil setecentas vinteunha pesetas (61.923.721 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos; categoría d.

3. Obxecto do contrato.

Construcción dun ximnasio e reforma do pavillón polideportivo no concello de Malpica de Bergantiños, A Coruña.

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a vintesete millóns novecentas sesenta e cinco mil cincocentas oitenta e tres pesetas. (27.965.583 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos, categoría c.

4. Obxecto do contrato.

Remate e dotación pavillón polideportivo no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

a) Prazo de execución: catro (4) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a vinteoito millóns oitocentas corenta mil quince pesetas (28.840.015 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos; categoría c.

5. Outros requisitos.

Tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2ºe) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

6. Garantía provisional.

Presentarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida quedan eximidos de presta-la garantía provisional (Art. 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

7. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

9. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

10. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

1823