Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.221

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 28 de febreiro de 1997 sobre delegación de atribucións no presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

O Consello Galego de Relacións Laborais, creado pola Lei 7/l988, do l2 de xullo, configúrase como un órgano de competencias específicas e concretas como son as de servir de foro de diálogo institucional entre as organizacións sindicais e empresarios nesta Comunidade Autónoma e, ó mesmo tempo, como órgano consultivo e asesor desta en materias laborais.

Dadas estas características especiais en canto á súa natureza e funcións, parece adecuado delegar no seu presidente determinadas atribucións do titular da consellería para así dotalo de maior autonomía e axilidade no exercicio das funcións que lle son propias, sen que isto signifique ningunha mingua da necesaria garantía xurídica nin do obrigado respecto ós principios que informan a actividade administrativa.

Na súa virtude, e facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3º e 44 da Lei 1/l983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, segundo a redacción que se lle dá a esta na Lei 11/l988, do 29 de outubro, de reforma da anterior, e o artigo 72.4º da Lei ll/l992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 13 da Lei 30/l992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Dentro do ámbito das súas competencias deléganse no presidente do Consello Galego de Relacións Laborais as seguintes atribucións:

l.l. O despacho e resolución de expedientes e asuntos de índole administrativa así como a resolución das reclamacións e queixas pola actuación do persoal ó servicio do consello.

1.2. As facultades que lle corresponden ó conselleiro en materia de persoal agás as reservadas as competencias exclusivas daquel.

1.3. As funcións que como órgano de contratación lle están atribuídas ó titular da consellería.

1.4. Autorizar e dispoñe-los gastos propios do consello, ata o límite dos créditos autorizados, excepto os casos reservados á competencia da Xunta de Galicia, así como a aprobación dos actos de disposición de créditos e o recoñecemento das obrigas e solicitar da Consellería de Economía e Facenda a ordenación dos correspondentes pagamentos.

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas na presente orde, farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as conferiu.

Artigo 3º

O conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais poderá en calquera momento, avoca-lo exercicio das facultades delegadas na presente orde.

En todo caso, quedan excluídos de delegación os supostos previstos nos artigos 13.2º da Lei 30/l992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 44.2º da Lei l/l983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do su presidente.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de l997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1767