Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 1997 Páx. 2.184

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA

ACORDO do 28 de febreiro de 1997 polo que se somete a información pública o prego único refundido de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares para a xestión, mantemento e explotación das instalacións deportivas e piscina cuberta e climatizada de Campolongo (piscinas, squash e ximnasio) na modalidade de concesión administrativa, anunciándose o procedemento aberto para a súa adxudicación, por concurso urxente.

Obxecto: contratación mediante concurso aberto da xestión, mantemento e explotación das instalacións deportivas e piscina cuberta e climatizada de Campolongo (piscinas, squash e ximnasio), na modalidade de concesión administrativa.

Duración do contrato: o contrato de xestión do servicio terá unha duración de 2 anos, contados desde a formalización do contrato, podendo ser prorrogado por anos, cun máximo de dous (2) anos máis.

Canon da concesión: será o ofrecido polo contratista-concesionario na súa proposta.

Garantía provisional: será depositada na caixa do Concello de Pontevedra a favor do organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, en calquera das formas establecidas no artigo 36.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, na contía de 700.000 pesetas.

Documentación: a esixida na cláusula 17 do prego único refundido de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación empresarial: a esixida na cláusula 15 do prego único refundido:

Grupo III, subgrupos 7 ou 8, categoría A.

Presentación de proposicións: no rexistro do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, rúa J.M. Pintos, s/n, 36005 Pontevedra, no prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas. Se forá sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: o acto de apertura de proposicións económicas será público e terá lugar nas instalacións do Pazo Municipal de Deportes de Pontevedra ás 13 horas do día seguinte ós cinco días naturais seguintes ó do remate do prazo sinalado para a presentación de proposicións; se fora sábado a apertura realizarase o día seguinte hábil.

Modelo de proposición: axustarase ó modelo oficial reflectido na cláusula 18 do prego.

Información pública: o prego único refundido de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares para a contratación da xestión, mantemento e explotación das instalacións deportivas e piscina cuberta e climatizada de Campolongo (piscinas, squash e ximnasio) na modalidade de concesión administrativa, aprobado pola xunta rectora do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, en sesión celebrada o día 28 de febreiro de 1997, sométese a información pública, polo prazo de oito días hábiles, para os efectos de consulta, alegacións ou reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a convocatoria da licitación, polo procedemento de concurso aberto e tramitación urxente do expediente, polo prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas. No suposto de que foran presentadas reclamacións contra o prego único refundido aprobado, a licitación (acto de apertura de proposicións) aprazarase ata que aquelas foran resoltas pola xunta rectora e, en todo caso, antes da finalización do prazo sinalado para a adxudicación do contrato.

Pontevedra, 3 de marzo de 1997.

Fernando Gago Ruibal

Presidente