Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 1997 Páx. 2.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para adxudicación da obra que ten o expediente 400/1997.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 400/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: impermeabilización de cuberta dos laboratorios da ETS de enxeñeiros industriais e de minas no Campus das Lagoas-Marcosende, en Vigo.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de entrega: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 15.785.767 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 315.715 ptas.

Definitiva: 631.430 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: rúa Oporto, 1-2º planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2. Domicilio: rúa Oporto, 1-planta baixa.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variante: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: rúa Oporto, 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 27 de febreiro de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

1730