Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/144-2-4626 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: calle Ciudad de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. edifico Eiras na rúa Carlos Azcárraga, 92-94.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor D.H.V. 12/20 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 680 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/380-220 V±5%, para darlle servicio eléctrico o edificio Eiras Castelo, na rúa Carlos Azcárraga, 92-94 en Lugo.

Orzamento: 8.845.000 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 14 de febreiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1475