Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/372-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Altamira.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV de 472 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 10 que se vai subtituír da L.M.T. Vilalonga-Vilagarcía de Arousa, rematando no C.T. que se proxecta en Altamira, concellos de Meaño e Sanxenxo. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu.

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán a tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 5 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1510