Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 24 de febreiro de 1997 pola que se nomean os membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 1997.

O Decreto 258/1994, do 30 de setembro, (modificado no seu artigo 5 polo Decreto 286/1995 do 19 de outubro) polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia, dispón no seu artigo 4 (publicada corrección de erros no DOG nº 13 do 19 de xaneiro de 1995) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

En cumprimento do citado artigo cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear presidente e membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia as seguintes persoas:

1. Presidente:

Domingo García-Sabell Díaz, por delegación do conselleiro de Cultura e Comunicación Social.

2. Vocais:

Alfonso Zulueta de Haz, proposto polo Consello da Cultura Galega.

Marino Dónega Rozas, proposto pola Real Academia Galega.

Luis Iglesias Feijoo, proposto pola Universidade de Santiago de Compostela.

José Eduardo López Pereira, proposto pola Universidade da Coruña.

Xulio Pardellas de Blas, proposto pola Universidade de Vigo.

Julio A. Fernández Argüelles, proposto pola Real Academia de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario.

Xosé Manuel López Vázquez, nomeado polo conselleiro de Cultura e Comunicación Social.

Constantino García Gómez, nomeado polo conselleiro de Cultura e Comunicación Social.

3. Secretario:

Homero José María Pérez Quintana, director xeral de Promoción Cultural.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

1625